Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Preocupación no Ensanche de Compostela polas pelexas na rúa

ensanche slide

Convocan unha reunión para o vindeiro luns co fin de tomar medidas contra o que cualifican como “batallas campais na Zona Nova”.

Os veciños do Ensanche de Compostela veñen de emitir un comunicado no que convocan unha reunión para o vindeiro luns día 13, as oito e media da tarde no Centro Socio Cultural do Ensanche.

Explican que recentemente teñen acontecido “varias batallas campais na Zona Nova a altas horas da madrugada que nos teñén alarmados”. O pasado xoves día 2 de outubro aconteceu unha pelexa multitudinaria no entorno da Praza Roxa e República do Salvador con moitas persoas implicadas que fixo necesaria a intervención de varias patrullas policiais e ambulancias arredor das 6:00 da mañá.

Poucos días despois, o sábado día 4 arredor das 5:00 da mañá, tivo lugar unha segunda pelexa multitudinaria no entorno da rúa Nova de Abaixo ás portas dun coñecido local de ocio nocturno na que se viron implicadas máis de 20 persoas e que obrigou á intervención de varias patrullas e ambulancias con numerosos feridos segundo relatan os veciños.

Unha hora despois, arredor das 6:30 da mañá, tivo lugar unha segunda pelexa multitudinaria no entorno doutro local de ocio nocturno cuxo propietario tamén o é do anterior local. Nesta liorta agrediron a unha muller a cal non presentou denuncias.

Segundo relatan os veciños que estaban presentes, as persoas implicadas ameazáronse con botellas cortadas en plena rúa e a cal non acudiu ningunha patrulla policial.

A Asociación Raigame explica que “presenciamos un día si e outro tamén pelexas en plena rúa arredor de determinados locais de ocio nocturno que nos teñen enormemente preocupados e no que as persoas implicadas ameázanse con navallas. Temos que lembrar que hai 2 anos morreu un persoa ás portas dun destes locais e pouco tempo despois feriron a outra persoa ás portas doutro local en Santiago del estero. Moito nos tememos que calquera día teñamos que lamentar outra desgracia”.

Alertan tamén da presencia de “trapicheo de droga e de determinados pisos e locais de distribución neste entorno que contribúe a aumentar a violencia que se expresa nestas batallas campais nas que incluso se chega a agredir aos propios axentes e a veciños”.

Dende AV Raigame consideran necesario visibilizar estes problemas para que as autoridades competentes poñan solución. Propoñen que dende as Comunidades de Propietarios, actuar contra aqueles pisos e locais que alteren a convivencia. Dende o Concello, non autorizar máis licenzas de discotecas e afters en zonas residenciais e adiantar o horario de peche ás 4:00 da mañá.

Dende o Consello de Relacións Veciñais canalizar as demandas xunto con outras asociacións veciñais cos mesmos problemas como acontece na Zona Histórica ou en San Lourenzo.

Post navigation

Previous:  A Marcha Mundial das Mulleres denuncia que o alcalde de Padrón está a desprotexer unha vítima de acoso sexual
Next: CaraB: Borja Verea, voceiro do PP en Compostela

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Hemeroteca

Agosto 2026
L M Me M V S D
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  
« Xul    

Etiquetas

25N alcaldes asociacións e fundacións Ciencia Comercio e empresa Coronavirus Crechas Cultura Curtocircuito Deportes Economía Educación eleccions Emprego Entroido Festas e Feiras Festivais Galego Institucións lixo Mancomunidade de Ordes Mandingo Medio Ambiente muller Nadal Obradoiro Cab o máis lido da semana Patrimonio Plataforma Casalonga limpa de residuos Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON Plenos Politica saúde Servizos sindicatos Social sucesos Tabernalia Tecnoloxía Transporte e estradas Turismo Universidade urbanismo xuntas de goberno Xustiza

RSS RSS

  • Comeza o XXIII edición do Feito a Man 4 Agosto, 2026
  • O Festival C enche Compostela 4 Agosto, 2026
  • Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest 1 Agosto, 2026
  • Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro 31 Xullo, 2026
  • Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías 31 Xullo, 2026
  • Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas 31 Xullo, 2026
  • Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM 30 Xullo, 2026
  • Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado 30 Xullo, 2026
  • “CANTAMOS!” coa Real Filharmonía 30 Xullo, 2026
  • Catro empresas distintas atenden o SAF de Padrón 29 Xullo, 2026

Meta

  • Iniciar sesión
  • Feed de entradas
  • Feed de comentarios
  • WordPress.org
Política de cookies
Lindeiros.net é un lugar xestionado e editado por Lindeiros sc,. A información que publicamos chega na sua maioría de axencias de comunicación e gabinetes de prensa.
Licencia Creative Commons
Lindeiros por Lindeiros sc distribuese baixo unha Licencia Creative Commons Atribución-NoComercial 4.0 Internacional.   Política de cookies
Notas de prensa e mailing: redaccionlindeiros@gmail.com Contacto: contacto@lindeiros.com Publicidade:publicidadelindeiros@gmail.com
Lindeiros.net é un lugar xestionado e editado por Lindeiros sc,. A información que publicamos chega na sua maioría de axencias de comunicación e gabinetes de prensa.
cropped-cropped-cropped-Lindeiros-Nadal-2016-grande-cabecera_d.png

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.