займ срочно

Santiago acollerá en outubro o VIII Congreso Mundial de Pastoral del Turismo

0

Compostela, 25 de maio do 2022 – Santiago de Compostela acollerá no vindeiro mes de outubro o VIII Congreso Mundial de Pastoral del Turismo.

Esta Pastoral Mundial sobre turismo foi presentada este martes en San Martín Pinario coa presencia do Arcebispo, Moseñor Julián Barrio; Francisco José Prieto Fernández, obispo auxiliar; Gustavo Riveiro D’Angelo, director do Departamento para la Pastoral del Turismo da Conferencia Episcopal Española e Nava Castro, Directora de Turismo de Galicia.

Unha Pastoral para reflexionar

Desde a igrexa explícase que o turismo como feito social e económico ten numerosas dimensións nas que leva traballando décadas. A anterior Pastoral tivo lugar en México hai dez anos e do 5 ao 8 de outubro próximo desenvolverase esta en Compostela.

O obxectivo é poñer en común as reflexións, experiencias e actuacións que levan a cabo en diferentes lugares do mundo.  Baixo o lema “Turismo e Peregrinación. Camiños de Esperanza” revisarase a relación entre o turismo, a peregrinación e as implicacións relixiosas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies