Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Un paso de peóns para as Rodas

compostela paso peons rua das rodas 5 febreiro 2025

Compostela, 5 de febreiro do 2025 – A rúa das Rodas terá nuns meses un paso de peóns que facilite o acceso á escola infantil da Galiña Azul que se atopa chegando a San Roque.

Os pais dos cativos hai tempo que pedían solucións xa que para cruzar de xeito seguro tiñas que bordear as Rodas, subindo ata San Roque, para volver a baixar pola outra man.

A actuación na que traba lla o concello, aprobada xa en Xunta de Goberno, consistirá na construción dun paso elevado de peóns que unirá a zona vella, desde a praciña da Algalia de Arriba ata a escola infantil.

O concelleiro de Vías e Obras, Xesús Domínguez, detallou que o proxecto das Rodas “responde á escoita activa dos sectores implicados, os pais e nais, e da ANPA desta escola infantil que hai anos viñan demandando un paso seguro”.

O concelleiro explicou que esta actuación consistirá na construción dun “paso de peóns elevado con plataforma única onde se vai recuperar a cota das beirarrúas, creando unha zona de preferencia peonil”, así como na mellora das instalacións da rede de pluviais, cun soterramento da nova recollida de augas baixo o novo paso, e na renovación do mobiliario urbano na entrada da escola. 

Segundo o edil, esta actuación permitirá “aumentar a seguridade, dar preferencia aos peóns, facendo que os vehículos teñan que ir cunha velocidade máis pausada” pola rúa das rodas. 

Esta actuación, que contará con 66.209,99 euros de orzamento e un prazo de execución de tres meses, “é totalmente coherente e compatible coa filosofía do conector central e vaise executar de forma coordinada entre todos os departamentos”, detallou. 

Ademais, como indicou Xesús Domínguez, esta intervención súmase a outras deste tipo “como a que se vai levar a cabo na rúa dos Loureiros, na que tamén se fará un paso de peóns elevado que vai facilitar e garantir a seguridade do paso escolar entre as escaleira de San Roque e a ruela da Estila”.

Post navigation

Previous: Ricardo III, Medea e o Gaias
Next: O galego no ensino, o debate continúa

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.