займ срочно

Paseo nocturno por Compostela

0

Compostela, 5 de maio do 2023 – O concello de Santiago convida a un paseo nocturno pola cidade para celebrar o Día Internacional da Luz.

Iluminación Amal
UNha rúa de Compostela iluminada para o festival Amal

A cita será o vindeiro 15 de maio e o obxectivo e reflexionar sobre o impacto da iluminación na imaxe nocturna das cidades en xeral e de Compostela en particular.  O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 10 de maio.

A iniciativa, que se realiza de forma simultánea en varias cidades, está promovida pola Asociación SLOWLIGHT e a Asociación de Deseñadores Profesionais de Iluminación APDI, co apoio das empresas FERROVIAL e TELEVÉS.

Os paseos nocturnos Slowlight-APDI realizaranse en grupos de 25-30 persoas que percorrerán as rúas e prazas de Compostela, co fin de descubrir os detalles que conforman a paisaxe nocturna da cidade e como contribúen de xeito positivo ou negativo ao seu embelecemento e lexibilidade.

O paseo estará guiado por un experto en iluminación que irá reflexionando en voz alta sobre diferentes aspectos técnicos e emocionais da paisaxe nocturna, promovendo o diálogo cos asistentes para coñecer a súa percepción e a súa opinión sobre as cuestións expostas.

Os paseos terán lugar o días 15 de maio con saída da praza Roxa ás 21:30 h e chegada aproximada á praza do Obradoiro sobre as 23:30.

DIL 2023

O Día Internacional da Luz é un evento internacional administrado polo Programa Internacional de Ciencia Básica (IBSP) da UNESCO. En España, coordínase desde o Comité Español do Día Internacional da Luz, que agrupa aos principais axentes relacionados coa ciencia e tecnoloxía da luz, tales como sociedades científicas, centros de investigación, universidades, consorcios e plataformas tecnolóxicas, empresas, etc).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies