Compostela, 24 de febreiro do 2020 – O Partido Popular de Santiago ven de reclamar ao goberno municipal arranxos en bancos repartidos por toda a cidade.
A concelleira Popular Ana Sabel levará ao próximo pleno esta solicitude. Non só solicitaran a reparación xa que tamén consideran necesario un plan periódico de mantemento dos bancos de Santiago.
A Popular indica que son moitos os espazos públicos, prazas, parques ou rúas, tanto no ámbito urbano como no rural. Esta falata de coidados incide no pouco uso que a cidadanía lle da a este mobiliario ademais de afear a imaxe da cidade.
O mal estado dos bancos ven dado polos excrementos de aves, as pintadas ou o verdello pola proximidade de árbores, madeira podrecidas ou ausencia de traveseiros. Son distintas situacións que afectan a todos á marxe do material co que estean construídos.