Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela

Acusan á empresa que xestiona as multas en Santiago de usurpar o papel da administración

O Partido Popular de Santiago preguntará ao goberno local polo papel da empresa que colabora na xestión das multas de tráfico.
multas en Compostela

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 19 de febreiro do 2020 – O Partido Popular de Santiago preguntará ao goberno local polo papel da empresa que colabora na xestión das multas de tráfico.
    • Radar de Conxo

Compostela, 19 de febreiro do 2020 – O Partido Popular de Santiago preguntará ao goberno local polo papel da empresa que colabora na xestión das multas de tráfico.

Os populares consideran que o papel que esta empresa desenvolve é excesivo. Argumentan que o seu traballo, que debería ser auxiliar, chega en ocasións a usurpar o dos funcionarios chegando a ser a que estime ou non as alegacións que se plantxan contra as multas.

O portavoz popular. Alejandro Sánchez Brunete, recoñece que se trata dunha situación herdada que se produce desde hai anos.  Tamén preguntarán ao Goberno se ten pensado implantar algunha fórmula de xestión de multas de tráfico que non “estimule a imposición desaforada de sancións en beneficio dunha empresa”.

Radar de Conxo

O voceiro do Grupo Municipal Popular recoñeceu que os medios tecnolóxicos, como fotorroxos e radares, contribúen á seguridade viaria pero, advertiu, que cómpre ser proporcional na súa instalación, actuando con obxectividade e priorizando os emprazamentos.

Neste sentido, pediulle ao Goberno que aclare certas contradicións e que acredite que non se instalou un radar en Conxo por ser un tramo onde se pode recadar máis diñeiro fronte a outros treitos onde se poden xerar máis accidentes.

Post navigation

Previous: Oroso asume a antiga estación de carga do ferrocarril en Trasmonte
Next: Teo pide a Medio Ambiente que paralice a actividade na Casalonga

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Baltar será unha das figuras protagonistas no Museo do Pobo en setembro
4 minutes read
  • Axenda

Programación de setembro no Museo do Pobo Galego

Goreti-Sanmartin-alcaldesa-de-Santiago-normal-30-xunho-2023_6543_r
4 minutes read
  • Compostela

Municipais 2027: Goretti Sanmartín, alcaldesa de Santiago

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.