займ срочно

Denuncian o “abandono” das áreas recreativas de Chaián e do Refuxio

0

Compostela, 31 de marzo do 2023 –  O Partido Popular de Santiago denuncia o “abandono” no que se atopan as áreas recreativas de Chaián e do Refuxio e piden un mantemento periódico das mesmas.

O PP lembra que desde finais da lexislatura pasada veñen presentado iniciativas nos plenos, aprobadas por unanimidade, para acondicionar, mellorar e dar a coñecer as áreas de Chaián, compartida co concello de Trazo, e a do Refuxio, compartido con Oroso.

O PP solicita tamén que o goberno municipal se dirixa á Deputación da Coruña a fin de solicitar a súa colaboración para axustar as condicións de seguridade para o tránsito peonil na vía provincial ao seu paso polas inmediacións da área de Chaián, así como o pintado da enferruxada ponte sobre o Tambre.

O PP presentará tamén, para a súa consideración dentro da Comisión de Honras, unha proposta de accións a levar a cabo para unha posible homenaxe en lembranza de Ramón Fandiño Salgado, en atención ao seu labor de difusión e dinamización da área recreativa de Chaián.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies