Compostela, 24 de xaneiro do 2025 – Compostela é unha das cidades con máis espazos verdes de toda Galicia e desde engade o novo parque Berce do Sar.

O Berce do Sar son 10 hectáreas, recuperadas grazas ao obradoiro de emprego que se desenvolveu nos terreos de propiedade municipal, próximos ao polígono industrial da Sionlla.
O novo parque quedou onte aberto para o desfrute da veciñanza, despois dunha visita institucional e da entrega de diplomas ao alumnado-traballador que se encargou das labores de arranxo da zona.
O Berce do Sar divídese en varias áreas diferenciadas dentro do parque. Na primeira delas, denominada “Eira do Berce”, instaláronse elementos de xogo infantil como randeeiras ou unha tirolina, “especialmente pensados para esta zona, xa que son elementos naturais, con estruturas de madeira ou redes”.
Tamén se habilitaron merendeiros e habilitouse unha estrutura que poderá funcionar nun futuro como cafetería, seguindo o modelo da Granxa do Xesto.
As outras áreas do Berce do Sar son o “Paseo dos Regatos”, onde se limparon as cauces do nacemento do río Sar, restauráronse presas naturais e acondicionáronse muros de mampostería para ocultar o impacto das obras de drenaxe do río; o “Paseo das Froiteiras”, onde se plantaron diferentes árbores froiteiras; o “Coto dos Olmos”, onde esta é a especie arbórea protagonista do espazo; e a “Lagoa do Berce”, creada no obradoiro de emprego a partir dunha superficie inundada duns 8.600 metros cadrados e dotada duns illotes para potenciar a presenza de especies autóctonas.

Antes de rematados os traballos, xa chegaran de maneira natural os primeiros patos e garzas a esta zona. O parque do “Berce do Sar” complétase coa carballeira, unha parcela ao carón da rúa de Malta na que tamén se fixo unha importante plantación vinculada á recuperación deste espazo.
A creación do parque Berce do Sar supuxo a construción de de máis de 3 quilómetros de sendas, co acondicionamiento dunha pista finlandesa circular para practicar footing, ciclismo ou outro tipo de exercicios físicos.
Para o acondicionamiento da zona acometeuse a roza do ámbito, sementouse céspede en 4,6 hectáreas de terreo, e plantáronse 730 árbores, sobre todo carballos, castiñeiros, bidueiros, olmos e especies froiteiras.
Todas as alumnas-traballadoras recolleron os seus seus diplomas acreditativos, nun acto presidido por María Rozas e polo director territorial da Consellería de Emprego, Juan José Couce.
A concelleira de Dereitos Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, salientou que intervención realizada no obradoiro de emprego “estivo pensada para poñer ao dispor da veciñanza, e especialmente das familias, unha nova zona natural que pode ser vivida e desfrutada”.
Salientou que a actuación “garante a protección dunha zona dun importante valor natural e mesmo simbólico como é a cabeceira do río Sar”.
Catálogo da fauna aérea de Santiago
Ademais dos traballos de acondicionamento do parque “Berce do Sar”, no obradoiro de emprego dual tamén se impulsou unha nova web sobre a fauna aérea de Santiago, que ten como obxectivo divulgar o coñecemento sobre as aves, os insectos ou os morcegos que habitan o espazo aéreo. Ademais do catálogo de especies, con imaxes e descricións das súas características, o portal inclúe consellos para a observación da fauna aérea así como un manual de boas prácticas.
O obradoiro dual de emprego “Berce do Sar” contou cun orzamento de 632.653 euros, dos que o Concello achega 101.607 e o resto corre a cargo da Xunta, a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. Nel participaron 20 persoas, 10 delas no proxecto de recuperación do parque “Berce do Sar” e as outras 10 no deseño e elaboración da páxina web.