Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Entrevistas
  • Xeral

Este venres comeza o XIII Outono Códax Festival

Compostela acolle un ano máis o Outono Códax Festival que chega a súa decimo terceira edición con máis concertos e actividades paralelas en Madrid..
Outono-Codax-Cartel-23-slide-31-outubro-2023_r

Compostela, 1 de novembro do 2023 – Compostela acolle un ano máis o Outono Códax Festival que chega a súa decimo terceira edición con máis concertos e actividades paralelas en Madrid.

Do 3 ao 25 de novembro o Outono Códax colócase unha vez máis como un dos mellores festivais da península. En esta edición con tres citas destacables como son as de Pokey Lafarge, Nick Waterhouse e Nikki Hill. Calquera de estos artistas podería ser cabeza de cartel e o Outono consigue ter aos tres o mesmo ano.

Para abrir o Outono este venres chega a cantautora norteamericana Sunny War, que presenta o seu sexto disco “Anarchist Gospel”; toda unha referencia nun estilo tan particular como o bluegrass. A cita no Riquela con apertura de portas a partir das oito e media. Ao día seguinte na Capitol estarán os galegos Momboi antes da primera das grandes citas con Pokey LaFarge. O artistas de Illinois presenta o seu noveno traballo “In The Blossom of Their Shade”, composto durante os confinamentos da pandemia.

Outono Códax, máis que un festival

Martín Calviño

Falamos con Martín Calviño, xerente do Riquela e un dos fundadores do festival xunto con Javier Freire e Fran Villasenín. Unha das preguntas que repetimos case que cada ano, e que sempre recibe a mesma resposta, e si movementos como achegarse a Madrid significan un intento de crecer como festival. O teñen claro: son concesións necesarias pero o Outono é de Compostela e aquí seguirá.

O que non se pode negar é o prestixio que co paso do tempo foi conseguindo o festival. Ao Outono chega xente de moitas partes da península e esa é tamén a razón de que de cando en vez se organice algún concerto fora de Galicia porque as peticións para facelo son constantes.

Sempre hai unha estrela ou un artista que destaca en cada edición, en este caso como contamos ata tres figuras que poderían ser cabeza de cartel. Martín Calviño destaca en particular a Nick Waterhouse xa que costou dous anos e moitas negociacións que viñera a Compostela.

The Beat from Palookaville
The Boo Derecks
Sarah shook and the Disarmers

Preguntamos polo tópico das manías dos músicos. En este caso non existen; as peticións que fan teñen que ver, ademais dunhas mínimas esixencias técnicas, coa comodidade para aloxarse. Como explica Martín, son xente que está de xira moito tempo e querer estar cómodos e algo lóxico.

Martín Calviño ademais de organizador é como é lóxico un gran afeccionado á música negra e por iso ten todo o sentido preguntarlle cales dos concertos lle apetecen máis ou agarda con máis ganas.

No Outono hai que destacar o papel do patrocinador. Martín Códax leva desde a primeira edición apoiando ao festival e iso implica un compromiso pouco habitual en este tipo de acordos.

Poke Lafarge
Nick Waterhouse
Kassi Valazza

Toda a programación, datas, salas e artistas, en outonocodaxfestival.com

Entradas e abonos

Os abonos e as entradas están á venda en Santiago na Reixa Tienda-Matrioska e a través de ataquilla.com

O prezo do abono para os 4 concertos da sala Capitol é de 49 euros (máis gastos de xestión), para os 50 primeiros compradores, e de 59 euros (+gx) para o resto.

As entradas por día para os concertos da Capitol terán un prezo de 19 euros (+gg) en venda anticipada e 22 euros (+gg) en despacho de billetes.

As entradas por día para os concertos que se celebren no Riquela Club terán un prezo de 15 euros (+gg) en venda anticipada e 17 euros (+gg) en despacho de billetes.

Post navigation

Previous: A Asociación FAGAMOS organiza obradoiros de cultura urbana en Santa Comba
Next: O Talentia Summit 2023 abrirase o vindeiro día 10 cunha conferencia no CGAC

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.