Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Os orzamentos de Compostela e o labirinto socialista

cmpostela slide labirinto socialista 2

Compostela, 14 de xaneiro do 2025 – Hoxe está previsto que BNG, PSdeG e Compostela Aberta asinen un acordo para que Compostela teña uns orzamentos para o presente ano.

A convocatoria aos medios chegaba no serán de este luns e, aínda que todos falaban da boa marcha das conversas, supoñía unha incógnita máis sobre en que punto do labirinto se atopa o grupo municipal socialista de Compostela.

Por una lado é unha boa nova para a cidade xa que permitirá concretar economicamente o traballo de todo o ano. Pola outra banda parece ampliar a separación entre o grupo municipal socialista e o partido, sobre todo despois das contraditorias declaracións do Delegado do Goberno, Pedro Blanco, e do xa pre candidato a secretario xeral, Xosé Ramón Gómez Besteiro.

O labirinto socialista

Tanto as negociacións como o resultado das mesmas, apoiar os orzamentos do BNG e Compostela Aberta, aumenta a senda de autonomía do grupo municipal. Primeiro foi o voto en contra de reguralizar as vivendas turísticas anteriores ao cambio de normativa; Gonzalo Muçiños foi logo expedientado por negarse a cambiar o persoal de confianza e agora da a sensación de que non se contou co partido para estes acordos.

Imaxe de arquivo dun pleno municipal en Compostela

Mentres se pechaban os últimos cabos do acordo de Compostela, Gómez Besteiro presentaba a poucos metros a súa pre candidatura a secretario xeral do partido. Preguntado pola cuestión para el o que sucede é un “tema puntual”

Sen embargo Besteiro non contemplaba onte outra opción que non fora a participación do partido na negociación dos orzamentos. Hoxe saberemos se foi así pero da a sensación de que o grupo municipal socialista actuou `pola súa conta.

Se retrocedemos ata o domingo, 24 horas antes, o Delegado do Goberno e militante socialista de Compostela desde hai máis de 30 anos, Pedro Blanco, dicía nunha entrevista na Cadena SER      que a situación podía “reconducirse”, algo que visto desde hoxe soaba máis a desexo que a posibilidade

Por si fora pouco o conflito a nivel local, preguntábanlle a Pedro Blanco sobre a posibilidade de ser candidato á alcaldía da cidade, algo que parecía sorprendelo pero ao que non dicía que non

Esta idea resulta cando menos sorprendente porque o actual líder local,  Aitor Bouza, parece descartado cando só foi capa de asinar os orzamentos do ano pasado co equipo de goberno.

O PSdeG en Compostela ten un grupo municipal que vai por libre, un líder local ao que algunhas voces xa o apartan da candidatura á alcaldía e un Delegado do Goberno que non pensa en iso pero que tampouco lle parece mal. Un labirinto que ten, como todos, moitos camiños pero só unha saída. Desde a distancia mira sen presa o ex socialista Pachi Vazquez que vai colocando concelleiros de Espazo Común en distintos municipios. Sempre dixo que o seu era un proxecto a longo prazo, será a capital de Galicia a súa seguinte conquista?. 

Post navigation

Previous: A Axuda ao Fogar ao límite en Santa Comba
Next: Frades aproba o POS+ Adicional 1/2025

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.