Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

Xabier Díaz pechará cun concerto o Open Day do Fairway

O Open Day do Fairway, o V Fórum do Camiño de Santiago, dará a saída a tres días dedicados ao Camiño no Palacio de Congresos de Santiago.
Xabier-Diaz-slide-9-maio-2022_8999_r

Compostela, 26 de outubro do 2023 – O Open Day do Fairway, o V Fórum do Camiño de Santiago, dará a saída a tres días dedicados ao Camiño no Palacio de Congresos de Santiago.

O vindeiro día 1 de novembro terá lugar a xornada inaugural d Fairway ofrecendo actividades de balde para o público en xeral. Xabier Díaz será o colofón a esa xornada cun concerto en formato trío, con entrada gratuíta ata completar aforo.

O Open Day comezará coa ruta “I Camino”, con saída ás 09.30 horas na Praza do Obradoiro. Este percorrido, dunhas 4 horas de duración, polos diferentes Camiños q entroncan por Compostela (Francés, Portugués, Inglés, Vía da Prata…) levará ás persoas participantes por ese Santiago descoñecido e contarán coas explicacións de Guías turísticos profesionais para esta actividade.

Xa no Pazo de Congresos, ofreceranse novamente diferentes sesións, de mañá e de tarde, do Escape Room O misterio do peregrino e un obradoiro de mindfulness ás cinco do serán. Tanto a ruta como estas dúas actividades contan con prazas limitadas, polo que cómpre realizar reserva previa a través do formularios dispoñibles na web www.fairwaysantiago.com.

Sole Felloza

A xornada contará co espectáculo Peregrinas do Além. Instrucións para voltar á casa quando xa morriches, que protagonizarán Quico Cadaval e Sole Felloza. A entrada será libre.

Entre as 13.30 e as 16.30 horas, ofrecerase o xa consolidado Gastroway, tamén de entrada libre. Trátase dunha proposta que ofrece un percorrido gastronómico polos distintos Camiños de Santiago a través de tapas típicas de distintos puntos da Península. O prezo por tapa é de 4,5 euros. Como complemento, ofrecerase unha degustación gratuíta de Filloas de Lestedo.

Durante todo o día, entre as 10.00 e as 20.00 horas, estará aberta a Feira de Fairway, con entrada totalmente libre. Nela atoparanse máis de 70 expositores que amosarán destinos turísticos de distintos puntos da Península e tamén de fóra dela, produtos e servizos vencellados ao Camiño.

Quico Cadaval

Ademais, nesta xornada inaugural, tamén se estreará a Feira de Emprego, que segue a sumar participantes. Desde Fairway, ofreceranse entrevistas de traballo cunha vintena de empresas que procuran cubrir arredor de 30 postos de traballo. Os devanditos encontros complementaranse con diversos obradoiros e mesas redondas sobre emprego e emprendemento.

Seccións de Congreso e Academy

As xornadas do 2 e 3 de novembro están enfocadas a público profesional. Ademais da celebración do Workshop -con máis de 3.000 reunións de traballo previstas-, ofreceranse as seccións de Academy e Congreso, que xa contan con máis de 500 persoas inscritas.

“Un dos obxectivos do Fairway, e que está no seu ADN, é servir de foro de debate para temáticas de actualidade que preocupan ao sector. Buscamos aportar ao noso grao de area para, polo menos, facer reflexionar sobre cuestións como a taxa turística, a convivencia entre residentes e turistas ou os problemas de pragas nos establecementos aloxativos -como as das chinches- que se veñen rexistrando en toda Europa, ou exemplos doutras rutas de peregrinación no mundo”, explica Tono Mugico, un dos codirectores do evento. Neste senso, na sección de Congreso “contaremos con representantes de entidades públicas e privadas, así como con persoas expertas que poidan contribuír a procurar solucións a estas problemáticas”.

Debates sobre problemáticas actuais

Así, o xoves 2 de novembro comezará a xornada coa conferencia inaugural sobre Economía Circular e Sustentabilidade, na que participarán Xosé Manuel Merelles, director da Axencia de Turismo de Galicia; Miriam Louzao, concelleira de Turismo de Santiago, e Antonio Leira, deputado delegado do Camiño de Santiago na Deputación da Coruña. Seguidamente, ofrecerase o debate sobre a axeitada convivencia entre veciñanza e turistas nunha mesa na que participarán: Xosé Regueira, vicepresidente da Deputación de A Coruña; Miguel Cabezas, presidente do Camiño Francés Federación; Áurea Domínguez e Lanzada Calatayud, presidenta e asistencia técnica da Asociación de Concellos do Camiño de Santiago Fisterra–Muxía, respectivamente; Pepe Formoso, presidente de APTCM; Flavia Ramil, xerente de Turismo de Santiago, e Monserrat Villar, presidenta da Asociación A Xuntanza de San Pedro. Pola tarde, ofrecerase a mesa de debate sobre a tasa turística. Neste caso, participarán un representante de Turismo Porto Norte; Cesáreo Pardal, presidente do Clúster de Turismo de Galicia; Luisa Lorenzo, presidenta da Unión Hotelera Compostela, e Jorge Carregal, técnico de Comunicación de Turismo de Santiago.

A xornada do 3 de novembro comezará cunha mesa redonda sobre Rutas e Camiños no mundo, presentándose os exemplos do Camiño Kumano Kodo; o Camiño Saety Irlanda O’Donnell, ou o Camiño Maltés a Compostela, ademais do propio exemplo dos Camiños de Santiago.

A sección de Congreso finalizará co debate sobre a xestión da seguridade e hixiene no Camiño de Santiago, e nomeadamente, as pragas de chinches. Para falar sobre isto, contarase coa participación de Inés Mato Naveira, subdirectora xeral de Programas de control de riscos ambientais para a saúde da Consellería de Sanidade; José Carlos Otero, Profesor ad honorem da USC e experto en Entomoloxía; César Ballesteros, presidente da Federación Provincial de Hostelería de Pontevedra; Miguel A. Rodríguez, presidente de Agalber, e Iago Alonso, xerente de Plagostel.

Formación gratuíta da man de profesionais de referencia

Pola súa banda, os días 2 e 3 tamén se ofrecerán preto dunha decena de propostas formativas a través do Fairway Academy. “En resposta ás demandas do sector, procuramos con esta sección cubrir esas necesidades de formación, ofrecendo obradoiros prácticos sobre as últimas tendencias en marketing dixital e mesas redondas con exemplos inspiradores para profesionais que queiran mellorar o seu negocio ou aventurarse no emprendemento. Traemos a profesionais de referencia para explicar como usar as novas ferramentas dixitais e tamén exemplos doutras modalidades de traballo, así como empresas que aplican a economía circular no seu día a día”, conclúe Tono Mugico.

O programa do Academy comezará o xoves 2 cun obradoiro sobre posicionamento SEO, da man de Iñaki Tovar, CEO de Webpositer Academy. Seguidamente, ofrecerase unha mesa redonda sobre Youtubers, Bloggers, Tiktokers e Instagrammers, moderada por Andrés Romero, CEO de Asiri Marketing en na que participarán a blogger Eva Abal; o instagrammers Oliver Vegas e o conferenciante e profesor especializado no eido dixital, Phil González.

A tarde comezará cun obradoiro práctico sobre as ferramentas de intelixencia artificial como Chat GPT (Microsoft), Bard (Google), Bedrock (Amazon), que poden axudar no día a día a un negocio turístico. Jairo Rodríguez, Customer Engineer, Google Cloud en Google e profesor do ISDI Master Data & Analytics, encargarase de impartir esta actividade.

Andrés Romero tamén moderará a mesa redonda sobre Nómadas Dixitais coa que pechará a primeira xornada do Academy. Amosaranse nela os exemplos inspiradores de Carlos Jonay (cofundador da Escuela de Trabajo Remoto); Daniel Gómez (CEO e fundador de Node Nomads); Lili Lorenzo (directora da consultora Acto Voltaje), e Sergio Cazcarra (director de Growth Coliving).

O venres 3 de novembro comezará cun obradoiro sobre WhatsApp Marketing e Comunicación Instantánea. Este correrá a cargo de María Mina, directora comercial para España da empresa francesa Quicktext.

O prato forte da xornada será a mesa redonda sobre Economía Circular con exemplos de empresas e proxectos baseados neste principios e na sustentabilidade. Nela participarán Anselmo Ríos, consultor encargado do proxecto das Illas Metabólicas do municipio de Archena; o vicerrector de Planificación e Proxección Estratéxica da USC, Gumersindo Feijoo; Isabel Pernas, cofundadora de Creativas Galegas, e Lolo Mosteiro, chef do restaurante A Artesa da Moza Crecha. A mesa será moderada por Tono Mugico, codirector do Fairway e CEO de Mr Turismo Marketing en Acción.

A última das actividades será o obradoiro de Tiktok como ferramenta para xerar reservas en aloxamentos turísticos. Esta sesión será impartida por Hugo López, Head of Paid Media en Widitrade, Meta Ads, TikTok Ads & Google Ads Specialist, Formador e docente.

Desde a organización do Fairway, V Fórum do Camiño de Santiago animan á poboación a asistir a estas actividades tanto formativas como de debate. Toda a información sobre o programa de propostas deste evento pódese consultar na web www.fairwaysantiago.com. As inscricións para as actividades con aforo limitado deberanse formalizar nos formularios dispoñibles en www.fairwaysantiago.com/inscripcion/.

Sobre Fairway

Fairway é o único foro profesional sobre o Camiño de Santiago e este ano alcanza a súa quinta edición. Comezou a súa andadura en 2015 e está promovido polas empresas Viloria, Trevisani y Mr Turismo. A cita consolidouse como un evento de referencia para o sector turístico en xeral, e das Rutas Xacobeas en particular. Esta quinta edición, que se desenvolverá entre os días 1 e 3 de novembro, conta co patrocinio da Xunta de Galicia, a Deputación de A Coruña e o Concello de Santiago.

Toda a información actualizada pódese consultar na web www.fairwaysantiago.com.

Post navigation

Previous: Negreira celebra a súa Carreira Popular o vindeiro 5 de novembro
Next: Dúas mocións sobre o centro de día motivo de discusións no pleno de Teo

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.