Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Comeza en Compostela Escenas do Cambio

compostela escenas do cambio 5 de maio do 2025

Organizado pola Xunta de Galicia e baixo a dirección de Kirenia Martínez, o festival remexe en temas como o amor romántico, a representación das persoas racializadas na arte, a saúde mental e os coidados, entre outros

Do 8 ao 11 de maio, Escenas do cambio inclúe cinco estreas absolutas, sete obras que se verán por primeira vez en Galicia e dúas estreas en España de obras internacionais con artistas procedentes de oito países.

O festival Escenas do cambio, está impulsado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. Temas como a subversión do amor romántico, os coidados e a saúde mental, as dificultades para abandonar a zona de confort ante as inxustizas, ou actualización constante que esixe a sociedade actual entrelázanse nos 15 espectáculos do programa.

A Cidade da Cultura, o Salón Teatro e tamén Internet, onde se retransmitirá un concerto exclusivo de Mercedes Peón, serán os escenarios desta undécima edición do Festival que comeza este xoves.

O encontro será a primeira ocasión para ver as últimas creacións de artistas galegas como Elvi Balboa ou o Colectivo D’elas, que estrearán as pezas de danza Baunsbak e Velaiquich, Amooorch! con música ao vivo nos exteriores do Gaiás.

Tamén o grupo portugués Nuisis Zobop debuta en Escenas do Cambio cunha Fuga para o tempo presente que combina filosofía, danza e poesía e está pensada para ser entendida e gozada por público a partir dos 6 anos de idade.

Música, “raza” e heroísmo

Dous proxectos moi vencellados coa música completan as estreas absolutas desta undécima edición. A artista suíza de orixe colombiana Raissa Avilés canta cumbia, rock, reguetón e ata noise na obra La María o la espeluznante seducción de una canción de amor para facer e desfacer os imaxinarios populares sobre a paixón e o estar namorado.

Mercedes Peón vólvese dixital para falar de O intanxible e o non mundo nun concerto que só se poderá escoitar e ver de maneira efémera en Internet.

Tamén moi musicais son as obras Roland mon Amour, nova creación de Funboa Escénica en coprodución co Centro Dramático Galego e co Centro Dramático Nacional; So de Cop, de Arnau Obiols, e Ruido, de Ça Marche.

Na primeira, a galega Cris Balboa transfórmase nunha DJ que máis que dirixir desde un pedestal se mostra vulnerable e íntima co seu público. En So de Cop, o músico e artista catalán crea unha intervención visual e sonora na que mestura enxeños mecánicos con elementos naturais como cunchas, madeira e follas para recrear a sonoridade dun bosque imaxinado.

Finalmente, Ruido pon a disposición do público (a partir dos 8 anos) todo un dispositivo de obxectos cos que converterse en deseñador e creador do son dos clips de cine que se proxectan no espazo.

A figura do heroe contemporáneo centra o discurso de I’m not a hero, unha obra de teatro físico e interactiva coa audiencia que trae a compañía suíza Fluctus, mentres o artista canario Reinaldo Ribeiro expón en Black Through Red e I’m not an influencer (Schwarzenegger exterminó mi futuro), dúas partes do tríptico performativo no que busca facer reflexionar sobre como se ve o corpo negro e mestizo nas artes e na cultura.

A memoria e a identidade individual e cultural son a materia prima que leva ao Salón Teatro Amalia Fernández nos tres actos de Solala, mentres a compañía surcoreana Chumpan Yamoo estrea en España Worn Out, un solo de danza contemporánea no que o corpo en movemento dialoga con obxectos aparentemente inanimados.

Catalizador de vínculos

Escenas do cambio configúrase non só como un escaparate para a creación, senón tamén como catalizador de vínculos entre artistas e coas audiencias. Nesta edición, destacan tres accións pensadas para ampliar o alcance das propostas escénicas.

En primeiro lugar, a actividade de mediación con estudantes de danza, persoas con discapacidade e profesionais ligados á súa atención que está a organizar a compañía galega VACAburra no marco da súa residencia artística para a creación de Familia Nijinska.

Tamén o encontro previo á estrea en España de Exposure que os coreógrafos Julio César Iglesias Ungo (Cuba), Hans van den Broeck (Bélxica) e o músico australiano Ben Frost manterán co público para falar de como naceu e medrou esta obra coral, na  que traballaron man a man coas compañías Danza Contemporánea de Cuba e o Urban Arts Ensemble Rurh alemán.

Finalmente, o Comando Dramatúrxico, un laboratorio de experimentación e enlace entre o que ocorre antes, durante e despois do festival dirixido polo dramaturgo e profesor Afonso Becerra.

As últimas entradas para os espectáculos pódense mercar en Ataquilla e no Museo Centro Gaiás. Toda a programación do festival está dispoñible na web da Cidade da Cultura e en escenasdocambio.org.

Post navigation

Previous: A avenida da Grabanxa en Oroso máis cerca de ser reformada
Next: O festival Curtocircuíto cambia as súas datas e desenvolverase do 1 ao 6 de xullo

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.