Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Entrevistas
  • Xeral

A XI Maker Faire este sábado en Área Central

maker faire 2025 enrique saavedra SLIDE11 XUNHO 2025 (3)

Despois do éxito do décimo aniversario os organizadores da Maker Faire repiten en Área Central,  o lugar no que naceu a feira. Falamos con Enrique Saavedra, un dos fundadores.

Hai once anos, cando Lindeiros aínda se publicaba en papel, a xente de Vermislab organizaban en Área Central a primeira Maker Faire. Un evento que sorprendeu por mostrar tecnoloxías que tiñan desde o inicio aplicacións prácticas e inventos que cos anos significaron avances en moitos eidos distintos.

A Maker Faire creceu ano a ano, recolleu apoios, organizouse na Cidade da Cultura durante un tempo e o ano pasado volveu a Área Central pero como a primeira xornada dun programa moito máis completo. En outubro e novembro outras dúas xornadas céntrase en aspectos máis profesionais deixando a primeira para a parte máis ludica.

En este 2025 manteñen ese esquema e quixemos falar con Enrique Saavedra, un dos fundadores, sobre a súa valoración de estes anos e todo o que está por chegar. Comezamos precisamente por ese decimo aniversario celebrado no 2024.

O cambio dunha Maker Faire en tres xornadas continuadas a unha separada en tres momentos do distintos foi unha estratexia de cara a darlle máis relevancia a cada unha das partes da feira; a exhibición ten o seu espazo pero tamén o emprendemento ou a formación tal e como nos conta Enrique.

A Maker Faire é sempre unha mestura de proxectos interesantes de distintas áreas da sociedade. Atoparemos desde proxectos sociais ata emprendedores que non pasan dos catorce anos. A filosofía de esta primeira xornada é “que a xente veña a facer”.

Nunha entrevista sobre un evento como a Maker Faire é imposible non preguntar pola intelixencia artificial. Os makers, como en moitas ocasións, chegaron antes. Enrique cóntanos que levan 7 anos traballando con IA, antes de que ninguén falara dela.

Ante as dúbidas que xorden arredor da intelixencia artificial Enrique o ten claro: non podemos competir con ela, hai que usala como unha ferramenta. Unha ferramenta que permite que xente con menos recursos compita coa que ten moitos máis, serve en certo modo de igualadora de oportunidades.

Este sábado, en Área Central desde as dez da mañá, teremos a oportunidade de probar e desfrutar das últimas ideas dos makers. Algunhas divertidas, outras útiles, todas interesantes. Non deixedes de pasar porque a Maker Faire fai madurar aos nenos pero o mellor é que aos que somos maiores devólvenos a ilusión da infancia.

Post navigation

Previous: O goberno de Padrón perde a cuestión de confianza
Next: Verán de visitas guiadas e teatralizadas en Padrón

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.