Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

Compostela acolle a oitava edición do Festival Rosalía

Santiago lembrará a Rosalía os vindeiros días 21 e 22 baixo o lema ‘Porque así somos’.

festival rosalia 7 febreiro 2026

Un cartel diverso de música, poesía ao vivo e artes escénicas forman a programación da oitava edición do Festival Rosalía. Compostela acollerá esta cita os dias 21 e 22 de este mes de febreiro.

A Deputación da Coruña, coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela, conmemorará na praza de Mazarelos o 189º aniversario do nacemento da escritora, figura central das nosas letras sobre a que pivotará gran parte das actividades.

O programa completo foi presentado esta en rolda de prensa pola alcaldesa, Goretti Sanmartín, e a deputada de Igualdade, Lingua e Dereitos Civís, Sol Agra.

A alcaldesa agradeceu á Deputación a aposta por Santiago e salientou a importancia de Rosalía de Castro non só como poeta, senón como unha figura do activismo cultural e unha precursora do feminismo, cuxa obra segue a ser “relevante e inspiradora” para as xeracións máis novas.

A rexedora fixo fincapé na ampla gama de actividades que se ofrecerán no marco do Festival Rosalía, incluíndo literatura, artes escénicas e música, co obxectivo de celebrar “o seu legado e a vixencia dos seus textos” e animou a cidadanía de Santiago e “responder unha vez máis” e a reservar oco na axenda o 21 e o 22 de febreiro para desfrutar do evento.

Sol Agra debullou o programa, que conta cunha vintena de actividades entre recitais, concertos, espectáculos de artes escénicas, obradoiros e presentacións que se sucederán entre o sábado 21 e o domingo 22 de febreiro baixo o lema ‘Porque así somos’, verso rosaliano tirado de Follas novas: “Ben sei que non hay nada/ Novo en baixo d’o ceo,/ Qu’antes outros pensaron/ As cousas qu’ora eu penso./ E ben, ¿para qu’escribo? /E ben, por qu’asi semos, /Relox que repetimos /Eternamente ó mesmo.”

O Festival Rosalía, sinalou a deputada, escolle este lema para a oitava edición co obxectivo de subliñar a idea de que, despois de 146 anos desde que se publicou Follas novas, “continuamos a crear, a traballar e a convivir en galego, coa constancia do reloxo, conscientes de que cada segundo é novo e irrepetible”.

Programa

A programación arrancará o sábado 21 de febreiro ás 11.00 horas na Praza de Mazarelos e reunirá en Compostela durante a fin de semana a actrices como Mónica Caamaño e Isabel Risco, ilusionistas como o Mago Teto, grupos escénicos como As Teimas e Os Quinquilláns ou as voces como Blues do País, Loita Amada, Faia Díaz, Inés Salvado, Uxía ou Javier Ruibal.

Precisamente estes dous últimos, xunto ao guitarrista Marcos Teira, protagonizan un dos grandes momentos musicais desta oitava edición do festival Rosalía: De tu casa a la mía. Neste concerto, que se celebra en sesión vermú ás 13.20 o domingo 22 na Praza de Mazarelos, ofrécese o retrato dunha confluencia de cultura e emocións a través dos versos de Rosalía e Lorca.

Outro dos concertos máis destacados desta oitava edición virá da man de Loita Amada, que presentará o seu terceiro disco, Resistir é Vencer, na praza de Mazarelos o sábado ás 21.00 horas.

O cartel musical complétase con Blues do País, que tamén actuarán o sábado ás 13.30 horas, e Primavera vai chegar, un espectáculo que mestura poesía e música nas voces de Inés Salvado, Faia Díaz e Paula Romero. A súa actuación terá lugar o domingo 22 no Colexio de Santo Agostiño ás 12.00 h e ás 16.30.

Versos ao vivo

O Festival Rosalía e o Festival Atlántica colaboran nesta edición a través dun dos pratos fortes do cartel deste 2026: Contoesías: Contos e poesías. Este proxecto colaborativo e aberto xunta a Dores Tembrás, Yamini T. Prabhu, Carmen Conde e Sole Felloza. Neste encontro proponse unha deriva pola obra de Rosalía con perspectiva feminista, interseccional e crítica. Terá lugar o sábado ás 18.00 h. en Mazarelos.

Un pouco antes, ás 16.45, a praza acollerá Chan da Pólvora. Unha década de poesía necesaria, unha celebración dos dez anos que fai o selo editorial. Ao redor desta conmemoración, reuniranse Antón Lopo, Manuel Martínez, Luís López Alonso, Ana Romaní, Paula Luís, Andrea Nunes e Nuria Vil.

Artes escénicas

A escena terá un ano máis un lugar destacado no cartel do Festival Rosalía. Os Quinquilláns ofrecerán un paseo teatral polos espazos de Rosalía. A camiñada parte o sábado ás 11.30 horas de Mazarelos.

Xa pola tarde, ás 19.30 h, na mesma praza, chegaralle a quenda ao espectáculo Improsalías, unha peza de improvisación, música, humor e poesía que ofrecerán os grupos As Teimas e TheMomento.

Xa o domingo, ás 11.15 horas, Producións Dispersas ofrecerá a intervención teatralizada Sempre Rosalía.  Ás 13.00 horas, actuará a actriz Mónica Caamaño con Da voz de Morgana, unha aproximación escénica á escrita de Begoña Caamaño, autora homenaxeada nas Letras Galegas 2026.

Nesta peza a actriz ofrécenos o debuxo da Muller que non foi relatado por cronistas e fabuladores. Ofrécenos, en definitiva, a historia de Morgana contada na súa propia voz.

Para rematar a xornada do domingo, o Mago Teto encargarase de pórlle o ramo ao oitavo Festival Rosalía no Teatro Principal ás 21.00 co seu espectáculo GalegoRock’n’Magic, un show de maxia e música que fai un percorrido desde o rock do Xabarín Club até bandas actuais que están pondo a música galega no máis alto.

O programa complétase coa feira rosaliana, cuxos postos estarán abertos ás 11.00 e as 14.00 horas e entre as 16.00 e as 20.00 horas, presentacións de libros sobre Begoña Caamaño, xogos tradicionais para a cativada, o obradoiro de rap improvisada CeibaRimas e o Concurso Rosaliano para toda a familia que conducirá a actriz Isabel Risco o domingo 22 a partir das 16.30 horas.

Post navigation

Previous: Galicia explora o ceo desde Ames coa vista posta na eclipse de agosto
Next: A fame silenciada nos Luns do Ateneo

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.