Compostela, 27 de setembro do 2024 – Avanzan as obras da EDAR da Silvouta coa adxudicación das obras da acometida eléctrica de todo o complexo.
O Consello de Administración da sociedade mercantil estatal Augas de las Cuencas de España (ACUAES), ven de adxudicalas por un importe de 1,9 millóns de euros e un prazo de execución de 13 meses.
A acometida eléctrica da Silvouta serán cofinanciadas nun 80% polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a través dos fondos Next Generation da Unión Europea, mentres que a Xunta de Galicia, a través de Augas de Galicia, e o Concello de Santiago de Compostela sufragarán o resto
O tendido terá unha capacidade de 2.900 kW e 2,5 km de lonxitude e irá soterrado na súa totalidade, o que proporcionará a máxima seguridade de funcionamento e minimizará o impacto visual e as molestias á contorna .
O proxecto inclúe unha liña de socorro aumentando a garantía de funcionamento das instalacións.
A EDAR avanza a bo ritmo
Con relación ás obras da depuradora, iniciadas o 14 de febreiro, estas avanzan adecuadamente coa execución dos recintos do pretratamiento, decantación primaria e instalacións de espesamiento de lodos, para o que se tivo que realizar o desvío dalgúns colectores existentes que afectaban á implantación.
No mes de setembro iniciouse a segunda fase dos alzados do pretratamiento, as canles de repartición da decantación primaria e o soto do edificio de lodos, así como o muro de contención do viario norte.
Tamén se están realizando os traballos para executar o colector de entrada á nova EDAR, que cruza por baixo do existente, o cal hai que manter en servizo ininterrompido.