Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Unha Compostela máis accesible

compostela-pp-sionlla-biotech-slide-normal-29-xunho-2021_r

Compostela, 4 de marzo do 2025 – A xunta de Goberno de Compostela adxudicou este luns obras de accesibilidade en 14 puntos da cidade cun investimento de máis de 229.000 euros.

A xunta aprobou tamén á redacción do proxecto de dirección de obras de reurbanización da rúa Castrón-Douro-Sar . En este caso o obxectivo, ademais da accesibilidade, e aplicar criterios similares aos da zona vella xa que se trata da vía de unión con distintos espazos verdes.

A presentación de estes traballos correo a cargo da voceira do Goberno municipal, Míriam Louzao, e o concelleiro de Vías e Obras, Xesús Domínguez. O concelleiro informou que as obras foron adxudicada á empresa Inside The Team que “ofrece como melloras a ampliación do prazo de garantía en 5 anos adicionais aos recollidos no prego, ampliación das medidas de control da calidade e ampliación das medidas de control ambiental”. 

Estas obras, aliñadas cos criterios que recolle o  Plan de Accesibilidade Universal de Santiago de Compostela, inclúe actuacións en 14 puntos concretos, “que se determinaron tendo en conta as incidencias remitidas pola veciñanza, visitas de campo e unha avaliación técnica para determinar as prioridades”, explicou o edil.

Puntos a mellorar

Os traballos realizaranse no paso de peóns na rúa do Río, xunto ao cruzamento coa Rúa do Lavadoiro; o paso de peóns na rúa do Lavadoiro xunto á escola infantil municipal de Meixonfrío; o cruzamento da rúa do Avío na rotonda superior da rúa; o paso de peóns na rúa do Avío; o cruzamento da rúa dos Irmandiños; o paso de peóns e a praza do aparcamento na rúa dos Xasmíns no cruzamento coa ruela da Estila; o cruzamento da rúa de Betanzos e da rúa Proxecto Vagalume, no acceso ao CEIP Apóstol Santiago; o paso de peóns en Rúa de Betanzos, xunto ao camiño peonil cara a rúa de Tomiño; o cruzamento da avda. Qurioga Palacios coa Costa do Vedor; o cruzamento en Rúa Gómez Ulla coa rúa do Hórreo; paso de peóns na rúa do Outeiro do Sar, no cruzamento  coa rúa de Dublín; o paso de peóns na rúa de Dublín xunto á costa do Vieiro; o ámbito de acceso ao Centro Comercial Área Central na rúa de Berlín e na rúa de Varsovia.

As obras teñen como obxectivo a mellora da accesibilidade universal e a creación de itinerarios peonís seguros. Con este fin, levaranse a cabo traballos para a construción de pasos elevados de peóns, instalacións de pendentes de menos do 6% de inclinación, regularización dos pavimentos ou ampliación e continuidade das beirarrúas, entre outras.

Castrón Douro

No caso de Castrón Douro, Domínguez explica que se trata de “unha obra que ten por obxectivo principal mellorar a accesibilidade da zona, evitar inundacións e mellorar a calidade do espazo público, con especial atención aos espazos de convivencia para a veciñanza”. 

Trátase dun proxecto que Compostela incluíu na Axenda Urbana 2030. Trátase de evitar a dispersión urbana e revitalizar a cidade existente, no que ten que ver coa reordenación dos espazos perimetrais á améndoa do casco vello e accións de conexión dos dous aneis da cidade. 

O orzamento de partida é de 102.869,99 euros (IVE incluído), busca aplicar criterios de calidade urbana si miliares aos da cidade histórica, por considerarse que é a mellor forma de preservar o carácter patrimonial da zona de actuación. “Hai que ter en conta que se trata dunha rúa que forma parte dun corredor que vincula a cidade histórica co anel de espazos verdes e coa Cidade da Cultura, e que integra un conxunto patrimonial do nivel da Colexiata de Sar na súa contorna”, engadiu o concelleiro.

Parque infantil de Verdía

O executivo municipal de Compostela tamén deu luz verde ao proxecto construtivo revisado da obra do parque infantil e biosaudable na antiga estación de Verdía, que contará cun orzamento 150.000 euros (123.966,94 € + 26.033,06 € de IVE) e un prazo de execución de 40 días naturais. Este proxecto realizarase con cargo ao plan POS+ 2025 da Deputación da Coruña.

Post navigation

Previous: Lidia Veiga gaña o XXIV Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva
Next: Coidando dos morcegos

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Imaxe do IES que será reformado
3 minutes read
  • Xeral

A Comunidade Escolar do IESP de Ames cuestiona a legalidade do cambio de horario

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.