займ срочно

A Fundación Heracles cambia o seu nome a Fundación Obradoiro

0

Compostela, 9 de setembro do 2022 – A estrutura do Club de Amigos Obradoiro unifica nomes e a Fundación Heracles pasa a chamarse Fundación Obradoiro.

Os obxectivos da Fundación seguen a ser a promoción e realización, sen ánimo de lucro, de actividades sociais, educativas e deportivas.  A Fundación ten como obxectivo principal  fomentar a práctica deportiva, principalmente en Galicia, e axudar así ao deporte galego de formación, ademais de educar en valores a través do baloncesto.

Doazóns Fundación Obradoiro

Os afeccionados que se queiran abonar para non perderse ningún partido do Monbus Obradoiro en Sar poden beneficiarse dos descontos vixentes. 

 Un deles é a través dunha doazón á Fundación, coa que se obtén un desconto directo no abono.  Por cada 150€ de doazón obteranse 100€ de desconto directo no abono e 50€ en entradas para a nova tempada. 

Doazóns

As doazóns á Fundación pódense realizar en liña en este enlace , ou de forma presencial en las oficinas do club. 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies