Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Constance Hurlé presenta Sem grana e sem frescura en Compostela

A Zona C acolleu a presentación da novel froito da primeira residencia literaria de Compostela Cultura, “Sem grana e sem frescura” de Constance Hurlé.
compostela-constanz-hurie-slide-19-outubro-2023-(1)_r

Compostela, 19 de outubro do 2023 – A Zona C acolleu a presentación da novel froito da primeira residencia literaria de Compostela Cultura, “Sem grana e sem frescura” de Constance Hurlé.

Unha obra que nace do proxecto de creación literaria desenvolvido ao abeiro da primeira convocatoria de intervencións artísticas promovida por Compostela Cultura no ámbito da escrita. “Sem grana e sem frescura” é un relato a cabalo entre o diario de viaxe e a auto-ficción que naceu da viaxe de Constance Hurlé dende o sur ao norte de Brasil.

No acto de presentación da novela, a autora estivo acompañada da concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, e do director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López. Louzao puxo en valor esta residencia literaria consonte “á vontade do Concello de Santiago de apoiar as novas creadoras e creadores dos distintos ámbitos artísticos, e que serviu para madurar a novela que hoxe se presenta. Durante a súa residencia, para a que, ademais do espazo, contou cunha dotación económica de 5.000 euros, a autora desenvolveu unha serie de intervencións na Zona C co fin de establecer pontes entre a literatura e o público, algo que era, precisamente, un dos obxectivos da convocatoria”.

Durante a residencia de Constance Hurlé a cidadanía e visitantes de Compostela puideron asistir a unha exposición conformada por imaxes e obxectos relacionadas coa viaxe autobiográfica da que trata a novela e concertar conversas coa escritora para afondar no seu proceso creativo.

Neste período, Constance Hurlé dirixiu tamén un obradoiro de escrita creativa e propiciou diálogos con poetas da escena local onde a palabra se transmitiu a través da performatividade, do xogo poético e a spoken word con Peter Brea e Paulo Maestro, recoñecidos activistas culturais e parte activa do Poetry Slam Compostela. Finalmente, como colofón da residencia e a xeito de peche, a escritora realizou lecturas públicas da novela e diálogos abertos co público asistente.

Constance Hurlé destacou na presentación a axuda que supuxo a convocatoria de Compostela Cultura para a conclusión do seu proceso literario, que serviu de estímulo e “motivo para sentar e dedicarlle un ano á escrita, un proceso solitario que sen motivación externa esixe un gran compromiso cunha mesma. Para min, sen a residencia Zona C a novela non existiría”.

Sem grana e sem frescura, agora publicada polo selo Edicións Morgante de Rinoceronte Editora, baséase nas experiencias da autora nesa viaxe en autostop polo territorio brasileiro para presentar a historia da personaxe principal, Estela, a través da visión de Jannick Gutmann, un novelista alemán que a coñecerá no avión de regreso a Europa. O título do volume é unha frase popular en idioma portugués e de difícil tradución que define o xeito no que viaxaron tanto a personaxe literaria, Estela, como a autora, Constance Hurlé: sen apenas cartos e adaptándose ás situación precarias, e ás veces incómodas, que iso implicaba. A novela xa está á venda en librarías.

Constance Hurlé (Vigo, 1990)

Licenciada en Filoloxía Clásica pola Universidade de Santiago de Compostela, é tamén titulada no Mestrado en Investigación en Estudos do Teatro pola Universidade Autónoma de Barcelona, e mantén unha constante formación teórica coa participación e asistencia activa a diferentes congresos de artes escénicas. Comeza dende moi nena a facer teatro e tece unha traxectoria que transita por diferentes disciplinas e escolas de artes escénicas e danza, entre as que destacan a Escola Integral do Creador Escénico Vladimir Tzekov, en Granada, e A Artística, da man de Olga Cameselle. En 2014 iníciase no microteatro coa peza dramática El día después, e en 2016 ve a luz o seu primeiro proxecto poético-musical, A mazá de Rosalía. En dúo con Rui Grenha, ofrece os concertos bic in progre[s] (2017) e hacialaluz (2019), a partir dos cales publicará os poemarios bicmordido (2017, Ed. Carena) e hacialaluz: poesía, sonido, imagen (2019, Ed. La Fábrica de libros), alén dun fanzine poético autoeditado.

Hurlé entende a literatura coma medio de expresión das emocións e como crítica social e, dende esa perspectiva, conxuga poesía e escena navegando polos xéneros híbridos. Recentemente foi premiada coa peza Monólogo para corpo en movemento no Festival FIOT de 2020, e polo seu microrrelato Manaus no concurso de relatos contra a violencia de xénero organizado polo Concello de Ribadavia, en novembro de 2020. Participa en festivais de poesía como o Keruac (2018) ou o Festival Nun Local (2018) con intervencións poéticas, alén de diversos eventos como slams, recitais, jams de improvisación vocal, etc. Ademais, dirixe e interpreta a obra de teatro contemporáneo Lara Hierro (Rianxo, 2022).

Post navigation

Previous: A USC inaugura esta tarde a mostra “Un rastro de furia e algas”
Next: A Deputación investirá máis de 18 millóns de euros no programa de emprego para a mellora do servizos dos concellos

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.