Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Compostela

Presentadas as novas liñas de autobús para Compostela

Desaparece a icónica liña 11, autobús que conectaba Fontiñas co centro, e nacen as leñas alimentadoras do rural.

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán

Compostela, 22/09/2026 – O Concello de Santiago segue coa implantación do novo servizo de autobús urbano. Este luns presentou as novas liñas e avanzou a data de mediados de decembro para a súa entrada en funcionamento.

O concelleiro de Mobilidade, Xan Duro, presentou ademais a sintonía que se escoitará nos autobuses, obra do músico Abe Rábade; e o novo mapa infográfico de liñas, elaborado polo estudo Desescribir. O edil explicou que se trata de dous elementos “que serán fundamentais para a identidade do servizo de transporte e sobre todo para facilitar o seu uso por parte dos veciños e veciñas”.

Duro engadiu que o Concello “quere facilitar a transición ao novo servizo de transporte, e iso pasa porque exista o maior coñecemento posible sobre como será o seu funcionamento”.

Segundo o concelleiro ese é o obxectivo do mapa infográfico de liñas, un traballo do estudo Desescribir que partiu da premisa de “trasladar ao papel o reto co que deseñamos a nova rede de transporte tal e como se incluiu nos pregos da licitación: simplificar as rutas, evitar solapamentos, e ampliar a cobertura territorial”.

O mapa recolle as 10 liñas de orixe-destino do novo servizo de transporte, as seis liñas circulares, e as tres liñas alimentadoras do rural; e dá conta das súas precuencias, prolongacións, e cales serán as rutas que terán horario nocturno.

Xan Duro explicou que o mapa infográfico “está pensado para ser un elemento de primeiro achegamento ao servizo, que despois se complementará con outras vías de información, fundamentalmente a nova App”. Nese sentido, insistiu en que no mapa non se recollen todas as paradas do servizo, que serán unhas 750, senón os puntos máis referenciais polos que discorren as diferentes liñas.

Suso Vázquez, do estudo Desescribir, explicou que o seu traballo “partiu da idea de fixar unha imaxe da cidade no tempo, pero nun contexto no que a maioría das usuarias se informarán a través da APP de maneira que non é preciso incluir todas as paradas nun espazo reducido”.

Pola contra, apuntou, no mapa evidénciase que “o núcleo central da rede de transporte segue sendo a zona histórica, móstrase a maior cobertura territorial do servizo, e as novidades do contrato como as liñas alimentadoras do rural”.

Descarga o pdf coas novas liñas de autobús que se implantarán mapa infográfico

Post navigation

Previous: Santa Comba presenta o ciclo CAEST
Next: Vox naufraga en Compostela

Máis novas

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

KD&L
3 minutes read
  • Axenda

Kitty, Daisy e Lewis abren o Outono Códax Festival

Sesión constitutiva IX Lexislatura
3 minutes read
  • Xeral

Os colexios seguen pedindo reformas

Teo: Mara Cajaraville foi afeccionada aos cabalos dende que era moi pequena. Fotos familiares
5 minutes read
  • Xeral

San Martiño 2026

noia vai de tapas 5 novembro 2026 (2)
4 minutes read
  • Xeral

Noia vai de tapas

ames aproba novo credito para gastos ordinarios 2 novemro 2026
10 minutes read
  • Ames

Ames aproba un novo crédito extraordinario de 1,4 millóns de euros

cineurop a40 aniversario 2 novembro 206
8 minutes read
  • Axenda

Cineuropa celebra 40 anos

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2830) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (832) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (738) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.