Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Nova senda natural entre Compostela e Ames

compostela-nova-senda-natural-slide-7-outubro-2024-(1)_r

Compostela, 7 de outubro do 2024 – Turismo de Santiago ven de presentar unha nova senda natural co que chegan aos dez itinerarios de este tipo vinculados aos camiños de Santiago.

En este ocasión a senda comunica o centro do casco vello con Alto do Vento, xa na linde co concello de Ames. Un tramo que pon ao camiñante na ruta Fisterra Muxía e que o deixa nun punto desde o que é posible volver en transporte público.

A senda, como as outras novas propostas por Turismo de Santiago, son propostas que destacan o valor  turístico e o inmenso patrimonio natural de Compostela. A nova senda conta co seu propio material turístico que convida a percorrer o treito municipal de Camiño de Fisterra-Muxía.

A escolla desta senda para a súa posta en valor, ten que ver coa súa accesibilidade, conectividade e valor paisaxístico e cultural. Ten escasa dificultade e conta coa sinalización propia dos Camiños de Santiago, polo que permite tamén achegarse ao fenómeno da peregrinación e dos Camiños.

Trátase dunha ruta lineal de algo menos de 9 km desde o seu comezo na praza do Obradoiro ata o Alto do Vento, no linde co concello de Ames, desde onde é sinxelo enlazar co transporte público para volver á cidade.

O proxecto “Sendas naturais de Santiago” ten un dobre obxectivo. Por unha banda enriquecer o abano de atractivos turísticos na procura de novos segmentos do mercado. Ao mesmo tempo son unha ferramenta para axudan a descentralizar os fluxos turísticos que se concentran na Catedral e os seus arredores.

 “Sendas de Santiago” busca por en valor para o turismo os inmensos recursos naturais cos que conta o concello, facilitando información turística en idiomas dun catálogo de sendas naturais concibidas para acceder camiñando desde a cidade, de curta e media duración e pouca ou ningunha dificultade, que se poidan realizar nun par de horas ou medio día como máximo e orientadas tanto a familias, como a persoas con mobilidade reducida, cicloturistas ou sendeiristas máis avezados.

As oito sendas iniciais, foron ampliadas a nove a finais do ano 2023 coa inclusión da senda 09. Río Sar Arriba: O berce do Sar. Así, o catálogo completo das dez sendas, que se prevé seguir ampliando, son: 01. Río Sarela Arriba; 02. Río Sarela Abaixo; 03. Finca do Espiño, Selva Negra e Granxa do Xesto; 04. Monte Pedroso; 05. Río Sar, Muiño de Parceiros; 06. Río Sar, Bosque do Banquete de Conxo; 07. Bosque de Galicia, Cidade da Cultura, Parque do Lago; 08. Monte Viso, Senda mitolóxica; 09. Río Sar Arriba: O berce do Sar e 10. Camiño Fisterra-Muxía.

Percorrendo estas dez sendas teríase un coñecemento preciso da continuidade que se da entre o centro urbano de Santiago e a natureza en practicamente todas direccións nas que se vaia.

Tanto a nova senda como as restantes están dispoñibles na oficina de información de Turismo de Santiago, e tamén na web da entidade municipal, www.SantiagoTurismo.gal, onde poden descargarse os pdfs dos folletos co plano e os tracks das rutas en distintos formatos. No folleto de cada senda descríbese a ruta que se vai percorrer, a súa distancia e duración estimada así como o seu grao de dificultade, entre outros. Esta acción conta cunha subvención da Deputación da Coruña.

Post navigation

Previous: A Deputación remata as obras de Roxos a Reborido, en Santiago
Next: Comeza Galicreques que en esta edición concede o premio de honra a “Tatán”

Máis novas

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

mancomunidade ordes saida patrimonio 5 novembro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Nova saída para coñecer a Mancomunidade de Ordes

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (834) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.