Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Nova ordenanza de residuos en Compostela

BNG A estrada mellora recollida lixo

A normativa vixente data do ano 2008 e ten que adaptarse as esixencias da Unión Europea. Os cambios terán que ser aprobados polo pleno pero o concelleiro confía en que non haxa problemas en ese sentido.

O concelleiro de Sustentabilidade Ambiental e Servizos Básicos, Xesús Domínguez, presentou a nova ordenanza de xestión de residuos de competencia municipal do Concello de Santiago. Os cambios na normativa completan as directrices sobre reciclaxe e lixo adaptándose á regulamentación da UE.

Unha vez aprobada pola Xunta de Goberno Local (XGL), será o momento de elevala a pleno para a súa aprobación inicial, tras o que se abre un período de exposición pública antes de sometela á votación do pleno novamente para recibir luz verde de forma definitiva.

Horarios

Os colectores de orgánica, envases lixeiros, papel-cartón, téxtiles e aceites usados non teñen limitación horaria, co fin de facilitar a separación das distintas fraccións.

Os envases de vidro só poderán depositarse en horario diurno de 8 a 22h.

A fracción resto so poderá depositarse en horario de 21 a 23h ou no horarios que se determine para as illas de quita e pon, neste momento de 19 a 23h.

O Concello encárgase de xestionar os puntos limpos para facilitar o depósito de residuos especiais, que quedan definidos tamén na ordenanza.

Para a recollida de voluminosos (mobles, colchóns,…) será necesario solicitar cita telefónica no 981 565 469 en horario de 10 a 13h e indicar horario de recollida e punto máis próximo de acopio ou levar directamente aos puntos limpos fixos de Piñor e Polígono do Tambre ou aos puntos limpos móbiles no calendario habitual de sábados de 10 a 13h rotatorio (Fontiñas, Praza Roxa, Virxe da Cerca e Castiñeiriño). 

A recollida de voluminosos farase na vía pública, nunca a domicilio, e hai que lembrar que o abandono de residuos voluminosos é sancionable.

Responsabilidade de todos

“A ordenanza desenvolve un concepto, o da co-responsabilidade e implicación de todas as persoas, que é clave para camiñar cara a esa Compostela orgullosa de si. Nós, dende o goberno, comprometémonos a ofrecer un servizo público de calidade e faremos un esforzo para chegar aos máis altos estándares posibles de limpeza, recollida e xestión”, enfatizou o concelleiro, quen tamén chamou a todo o mundo a “implicarse na tarefa común de reducir, separar, reciclar, reutilizar e incluso darlle unha segunda vida aos nosos obxectos para evitar que se convirtan en residuos”.

Para o concelleiro de Sustentabilidade Xesús Domínguez “Esta modificación normativa é un paso máis na mellora das políticas de tratamento de residuos que vimos implementando desde o inicio do mandato e ten un dos seus focos na mellora da xestión dos residuos coa separación húmido-seco, é dicir, lograr que a fracción orgánica (biorresiduos) teña unha recollida específica, toda vez que supón a metade en peso dos residuos que se xeran a nivel doméstico”.

A nova ordenanza concreta os criterios de actuación sobre cada tipo de residuos e os dereitos e obrigas dos usuarios e da administración local. Estes cambios actualizan e harmonizan todas as disposicións aplicables e ofrece solucións regulatorias que incrementan a sustentabilidade enerxética e medioambiental na recollida e na xestión de residuos e na limpeza.

Cómpre incidir en que as directrices europeas marcan a recollida separada obrigatoria dos biorresiduos, téxtiles e residuos domésticos perigosos. Así, os obxectivos de separación para reutilización e/ou reciclado pasan do 50% no 2020 ao 55% no 2025; mentres que para 2030 a UE marca un 60% e en 2035, habería que alcanzar o 65%.  O obxectivo de vertedura ten que verse reducido ao 10% en 2035.

Xesús Domínguez incidiu en que estes obxectivos “só se poden conseguir cunha boa separación dos biorresiduos, xa que a fracción orgánica e a metade en peso”, ao respecto do que agradeceu e fixo ao mesmo tempo un chamado á “implicación” de todo o mundo involucrado na produción de residuos.

O Concello xestiona os biorresiduos de dous xeitos: ben con compostaxe local (cos composteiros individuais ou colectivos) ou ben na planta de compostaxe de referencia (o quinto colector) (neste caso Sogama) no caso da materia que se recolle no contedor marrón.

A ordenanza regula a recollida de lixo e limpeza dos espazos públicos e diferencia as especificidades das zonas da cidade (como por exemplo, a zona histórica). Tamén recolle as medidas para impulsar e apoiar a consecución dos obxectivos de xestión e define e establece as categorías de residuos que deben separarse en orixe e/ou recollerse de forma diferenciada, incluíndo aquelas que se poden xestionar de forma conxunta en casos excepcionais.

Un dos aspectos máis importantes que encaixa con esta filosofía sustentable son os residuos de xardinería, hortas e podas (de diámetro inferior a 1 cm) que deberán destinarse a compostaxe. Cómpre lembrar que os residuos de poda leñosa deberán tratarse por un xestor autorizado.

“Aprobamos unha ordenanza que ten por obxecto favorecer a adopción de medidas para reducir a produción de residuos, minimizar os impactos negativos sobre a saúde humana e o ambiente e promover un uso sostible. Temos que camiñar cara á unha economía circular, protexendo o medio e a saúde e reducindo a xeración de residuos”.

Datos

Na súa intervención, Xesús Domínguez tamén ofreceu datos despois de 20 meses de goberno nos que continuou a implantación de colectores e, especialmente, de lugares de recollida da fracción orgánica. Para a fracción orgánica hai preto de 300 colectores marróns con feche electrónico con máis de 3.300 familias inscritas no programa “Ti tes a chave” que separan a fracción orgánica.

Ademais, hai 12 illas de compostaxe comunitario xa en funcionamento e outras seis xa programadas para a súa instalación e máis de 1.700 fogares con composteiro individual. Deste xeito, hai máis de 5.000 unidades familiares que colaboran coa compostaxe da fracción orgánica ou ben no seu domicilio ou na separación para o tratamento nunha planta de compostaxe.

O concello tamén conta con máis de 6.000 colectores das distintas fraccións en superficie,  120 illas soterradas con todas as fraccións, de “illas de quita e pon” na contorna da cidade histórica e colectores nos locais adheridos ao servizo porta a porta tamén na cidade histórica.

Para a limpeza viaria o servizo dispón de maquinaria eléctrica (varredoras e lavabeirarrúas) e para a recollida, camións, cisternas e varredoras viarias con motores de GNC (gas natural comprimido), canda tres camións complementarios de gasóleo de reserva.

Post navigation

Previous: O Museo do Pobo galego homenaxea ás Cantareiras
Next: Plan de vivenda propio para  A Baña

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.