Compostela, 5 de xuño do 2024 – O equipo de goberno de Compostela presentou os usos turísticos aos que se poderán dedicar as vivendas da cidade que serven habitualmente como residencia.
Os informes xurídicos impiden que a maioría das coñecidas como VUT, vivendas de uso turístico, sexan legalizadas. Para poder operar terían que estar adaptadas ao Plan Xeral de Ordenación Urbana e contar con título habilitante.
No mes de abril no rexistro da Xunta estaban máis de 800 VUT anotadas. Delas só 170 compren a normativa do PXOM. No rexistro só 58 teñen título habilitante e de esas só 24 compren ademais a normativa do Plan.
O concello comezou xa a emitir ordes de fin de actividade, 90 nas últimas semanas, pero trátase dun proceso administrativo moi complexo polo que todas as comunicacións de cese de actividade levarán o seu tempo.
A norma si contempla dous usos. Por unha banda destinar 60 días ao ano a vivenda a uso turístico sempre que se use polo menos 183 días a uso residencial. Algo pensado para os pisos de estudantes.
Por outra banda ábrese a posibilidade de alugar cuartos pero en este caso a norma dependerá de modificacións na normativa autonómica que depende da Xunta de Galicia.
A oposición
O Psoe fala de ter no pleno unha “actitude propositiva” e intentarán mellorar a norma. Son críticos co equipo de goberno xa que consideran que “dixeron unha cousa e fixeron a contraria, alentando o ambiente de crispación”.
A concelleira socialista Mercedes Rosón mesmo chega a dicir que o BNG “aproveitouse electoralmente disto”. Rosón é crítica tamén coa unta de Galicia por ter inscrito no rexistro centos de vivendas sen autorización.
O Partido Popular é tamén moi crítico e tamén acusa a Goretti Sanmartín de contradecirse. Borja verea dí que en campaña prometeu regularizar o mercado das VUT e “agora o que vai facer e ilegalizas a todas”.
O PP non ve tampouco con bos ollos a posibilidade de alugar as vivendas de uso residencial durante dous meses ao ano. Verea considera que iso pode “destrozar o mercado de alugueiro”. O voceiro do Partido Popular é tamén crítico cos plans para o antigo hospital de Galera “Tócalle ao BNG e CA explicar que tipo de política de turismo pretenden levar a cabo con estas accións, posto que veñen de conceder 400 prazas hoteleiras, a un fondo de inversión, en pleno corazón do Casco Histótico, no antigo Hospital de Galeras, e sen embargo ilegalizan a 400 familias compostelás que queren alugar a súa vivenda”,