займ срочно

O Patrimonio toma a noite de Compostela este sábado

0

Compostela, 14 de setembro do 2023 – Un ano máis o conxunto de Cidades Patrimonio da Humanidade de España celebra a Noite do Patrimonio para poñer en valor todo o que atesouramos.

Un ano máis a Noite do Patrimonio ofrecerá este sábado un amplo conxunto de actividades encamiñadas a por en valor a arquitectura da cidade. Este evento desenvolverase de xeito simultáneo nas 15 vilas que forman parte do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, entre as que se atopa Compostela.

A concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, presentou a programación vinculada á Noite do Patrimonio, acompañada da deputada provincial de Cultura, Natividad González, e de Manuel Rial de Trivium, a entidade organizadora.

Patrimonio C

Míriam Louzao salientou que con esta nova edición da Noite do Patrimonio, “o Concello pon en marcha unha nova liña estratéxica dentro do Departamento de Cultura, á que chamamos Patrimonio C”, que ten a intención de “poñer en valor o patrimonio de Santiago desde unha perspectiva ampla, en construción e sempre participada pola cidadanía”.

O obxectivo é “reafirmar o sentido de pertenza” da cidadanía, aumentando o seu coñecemento sobre o patrimonio e “resignificar espazos da cidade que teñen un uso turístico elevado” para que os composteláns e compostelás “volvan tomalos como propios”, detallou a concelleira.

Programación

As actividades enmárcanse este ano en tres liñas: ‘Patrimonio ao Vivo’ con actuacións musicais e un obradoiro de baile tradicional; ‘Patrimonio Aberto’, que inclúe roteiros e visitas ao interior do Pazo de Raxoi e no antigo Concello – ZONA C; e ‘Patrimonio Agora’, para achegarse á arte contemporánea a través de visitas guiadas en varias galerías, e obradoiros de artesanía impartidos por Susi Gesto ou José Castro, entre outros.

A actuación que abrirá a noite será a obra de danza ‘Pièce distinguée nº59’ de La Ribot Ensemble, ás 20.30 horas ao carón do Museo do Pobo Galego. É unha proposta na que a parella de artistas completamente cubertos de ouro reflicte os derradeiros raios do sol antes do solpor. Esta peza de danza xoga cos múltiples significados do ouro, nun ritual á vez luxoso e primitivo. Este espectáculo será retransmitido por streaming a través da web: lanochedelpatrimonio.com e na web e redes sociais da UNESCO.

Dos tres itinerarios destacamos o paseo guiado aos barrios extramuros, Bonaval, San Pedro, Belvís e Sar; a partir das nove da noite e que durará arredor dunha hora.

A partir das nove e medio o fotógrafo Manuel Blanco fará outro roteiro no que mostrará unha serie de espazos que desde a súa visión teñen un carácter fotoxénico.

Tanto a actual Casa do Concello, o Pazo de Raxoi, como a antiga, a Zona C en Cervantes, realizarán visitas guiadas desde as nove as once e media, entrando grupos cada media hora. Por outra banda as distintas galerías de arte da cidade estarán abertas mostrando as súas diversas mostras.

A Noite nas Cidades

La Noche del Patrimonio. A Nit do Patrimoni. A Noite do Patrimonio celebrase nas 15 Cidades Patrimonio da Humanidade de España, unha cita histórica que coincide coa celebración do 30 aniversario da creación do Grupo e coa Presidencia de España do Consello da Unión Europea.

Trátase dun evento cultural único en Europa, organizada polo GCPHE cun programa de eventos e actividades que se desenvolverán de forma simultánea nas 15 cidades históricas co selo UNESCO e inclúe a apertura extraordinaria de monumentos ou museos e 300 actividades gratuítas para todos os públicos. Ademais, ofrécense 15 espectáculos de danza contemporánea no marco do Festival Escena Patrimonio, con sete estreas absolutas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies