Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

Teatro e gastronomía no NH Collection con “Declaración en simulado”

“Las noches de la suite” é unha proposta que reúne teatro inmersivo e gastronomía nun só evento que o vindeiro 6 de maio estrease no NH Collection de Santiago.
las-noches-de-la-suite-slide-2-maio-2023-(1)_r

Compostela, 2 de maio do 2023 – “Las noches de la suite” é unha proposta que reúne teatro inmersivo e gastronomía nun só evento que o vindeiro 6 de maio estrease no NH Collection de Santiago.

Paula Prendes e Raúl Mérida protagonizarán “Declaración en simulado” e o chef Nacho Martínez encargarase da gastronomía. Un formato que permite unificar unha saída ao teatro coa cena que a soe acompañar. O NH continúa con esta proposta a innovar na axenda de Compostela.

Falamos con Esteban Iglesias un dos responsables da programación do NH Collection. Comezamos preguntando por esa intención, que veñen consolidando nos últimos anos, de ser parte da programación cultural da cidade

O evento é unha oportunidade única de ver traballar aos actores moi de cerca. Ao remate da función os protagonistas sairán a falar cos espectadores co que as preguntas que as veces xorden tras asistir a un espectáculo poderán ser respondidas. Esteban Iglesias explícanos cal é un pouco o programa de esa noite no NH.

Preguntamos por como saen os espectadores dunha posta en escena tan minimalista. Esteban pode falar tamén do que se sinte nun evento de este tipo xa que o viviu en Madrid.

Las noches de la suite

Hai 8 anos que Las noches de la suite colocábase entre os grandes atractivos da carteleira madrileña ao converter a Gran Suite Presidencial do hotel NH Collection Madrid Eurobuilding nun pequeno escenario. Teatro inmersivo, concertos en pequeno formato, a cargo de recoñecidos artistas do panorama español, alta cociña e un encontro distendido cos protagonistas da proposta eran o centro do evento.

Raúl Mendez e Paula Prendes

O proxecto, que continúa celebrándose con gran éxito cada fin de semana na capital española, sae agora de xira por primeira vez. O NH Collection de Compostela será a primeira parada.

A obra será a mencionada “Declaración en simulado”. Unha divertida comedia romántica protagonizada polo actor Raúl Mérida, coñecido por series como Elite, As mozas do cable ou Os Protexidos; e Paula Prendes, actriz que se deu a coñecer como presentadora en Se lo que hiciste ou Zappeando, e que participou en series como B&B, Servir e protexer, Víctor Ros, Gran Reserva ou os recente Machos Alfa. Dirixida por Darío Frías e con guión de José Palacios, conta os intentos de Aitor para declararse á súa compañeira de piso, Julia, dando pé a tenras e divertidas situacións que lle parecerán próximas a máis dun.

A experiencia gastroescénica inclúe unha selección de alta cociña concibidas ex profeso para esta ocasión polo chef  Nacho Martínez. Serviranse pratos como Ourizo, centola e gambón con espuma de yuzu, Vieira en salmuera, coral e crema de herbas, Cono de xarda con piña e troita, Bóla crujiente de foie e boletus, Milhojas de queixo brie e presa ibérica con arándano, Cazuela de anguía afumada e papaya ao carbón, Shusi frito de pulled pork con thai sweet, Galo celta en bolo de vento con crema pepitoria, Mini pita de costela confitada ao ají amarelo, Chupa-chups de cenoria e chocolate ou o Mousse de coco e mango en texturas.

Post navigation

Previous: Ecoloxistas e Xunta de novo nos xulgados polos eólicos
Next: Melloras na seguridade vial de dúas estradas de Vedra

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.