займ срочно

Compostela, negociacións a dúas velocidades

0

Compostela, 2 de xuño do 2023 – Compostela terá desde o 17 unha alcaldesa por primeira vez na súa historia pero, a expensas do que suceda hoxe na reunión con Compostela Aberta, gobernará con seis concelleiros.

Das primeiras declaracións vese que os nacionalistas buscan un goberno estable, que evite ter que negociar fora do grupo de goberno cada decisión de importancia. Os socialistas aluden aos resultados xa que o número de concelleiros é similar e a diferenza en votos non chega aos mil.

A voceira do Psoe, Mercedes Rosón, ante a insistencia dos medios por concretar que prazo se daban para chegar a acordos, lembrou que no 2003 o acordo de coalición non se asinou ata o ano seguinte.

01

O certo é que en aquelas eleccións o Psoe conseguira 11 concelleiros e o BNG catro polo que a situación ten pouco que ver. O Psoe ten, ademais, que despexar o camiño da agrupación local pero en este tema Rosón pediu tamén calma e lembrou que Bugallo será secretario local ata o vindeiro día 16.

Un BNG preparado para gobernar

Pola súa banda Goretti Sanmartín separou a cuestión da investidura, xa resolta co apoio comprometido polo Psoe, das negociacións que continuarán na procura dun goberno o mais amplo posible

01

Sanmartín destacou o clima de cordialidade do encontro e dixo que o BNG staba preparado para gobernar desde o día 18 e seguir coas negociacións se fose necesario.

Hoxe manterán unha reunión con Compostela Aberta que se presupón moito máis sinxela. O BNG ten moitos máis puntos de acordo con CA e polo tanto as negociacións terían que ser máis áxiles e mesmo chegar a un acordo de lexislatura antes do 17.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies