Compostela, 17 de decembro do 2024 – Un dos pubs máis emblemáticos de Compostela presenta a programación denominada “Nadal no Atlántico” con Sesións vermú, karaokes, guateques e djs.

Son xa máis de 36 anos de historia polo que o Nadal no Atlántico é unha reivindicación do referente cultural que sempre foi este local. Unha actividade que terá ademais festas especiais os días 24, 28 e 31 con coctelería de autor e actuacións como a de Dj Mil, un dos máis reputados da cidade.

Nadal Fest ou “Nadal no Atlántico” é un ciclo de actividades programadas para os próximos días 24, 28 e 31 de decembro, entre as que destacan varios aperitivos e tardeos, sesións dj, festas temáticas e unha variada proposta de coctelería de autor. Ademáis, desde o vindeiro luns 16 e durante todas as festas de Nadal o local da Fonte de San Miguel abrirá todos os días as súas portas coa súa habitual proposta de lecer.
A primeira actividade do Nadal Fest será o vindeiro día 24, Noiteboa, cunha sesión especial de aperitivo, de 13.00 a 17.00 horas, amenizada por dj Peter SéLeK, afamado selector musical na noite compostelana dende os noventa, e continuará co divertido espectáculo Rompecinturas Selektor, presentado por Esteban, de 17.00 a 20.00 horas. Ese mesmo día, as portas do Atlántico volverán abrir a medianoite para quen desexe brindar xuntos tras as ceas de Noiteboa.
A seguinte actividade prevista no ciclo será o sábado 28 de decembro, desde as 23.00 horas, noite na que está prevista a pinchada Sons do Gramófono.
Finalmente, o 31 de decembro a celebración de Fin de Ano comezará ás 13.00 horas, cunha sesión vermú con barra de aperitivos e selección musical a cargo dos djs residentes do local ata as 15.00 horas, para continuar cun tardeo entre as 15.00 e as 19.00 horas ambientado por Dj Mil.
DJ Mil é un dos djs máis reputados da cidade, que participou en distintos eventos especializados como a Redbull 3Style, desenvolvendo un estilo característico que o levou a actuar por toda a península e en distintas cidades doutros países como Frankfurt, Bristol, Glasgow, Manchester, Gerês… e a impartir clases desde 2019 en WAX!CULTURA DJ en Compostela.

Os seus sets caracterízanse por “combinar enerxía, baile e as habilidades propias dun Dj de competición curtido en distintos clubes”, con residencias dedicadas ao funk, disco, hip hop, dancehall, house…, protagonizando nesta ocasión o último tardeo do ano.
Para rematar, a partir das 00.30 horas, o Atlántico celebrará a benvida do novo ano coa Gran Festa de Aninovo, un guateque ambientado con música dos 80`s, disco, soul e rock seleccionada por dj Pili F., e que promete ser un dos grandes atractivos da axenda festiva compostelá do día.
Todas as actividades serán con entrada libre. Ademais, os asistentes á Gran Festa de Aninovo poderán gozar dun bono desconto especial en venda anticipada para 3 copas e cotillón, ao prezo de 20 euros, e que poden adquirirse xa no propio local.