Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Concertos corais no Nadal

compostela-concertos-corais-slide-12-decembro-2024_r

Compostela, 12 de decembro do 2024 – Durante todo o ano actúan en distintos momentos pero un dos máis clásicos é o Nadal, os concertos das corais son desde hai anos parte das celebracións de estas datas.

O ciclo de corais leva por título “Cantan o Nadal” e inclúe unha oferta moi diversa en canto a estilos. Constará de cinco concertos, con dúas agrupacións por actuación e desenvolveranse en espazos de socialización veciñal dos barrios e parroquias do municipio desde o 14 ata o 27 de decembro.

Unha programación que comezará este mesmo sábado na igrexa da Mercé de Conxo, coa Coral Crecente de voces graves e a Coral de habaneras da Rocha Forte, e pasará por varios espazos da cidade. Todos os concertos terán lugar ás 19:30 horas.

A seguinte cita será o domingo 15 no local cívico de Aríns coa Coral Santa Susana e a Coral Coto da Nai. O sábado 21 o programa chega ao CSC de Vite co concerto da Coral Voces de Compostela e a Coral Ponte Mantible.

Os dous últimos concertos de “Cantan o Nadal” serán o domingo 22 na Igrexa do Castiñeiriño, co concerto de La Salle coral polifónica e a Coral Amigos do Castiñeiriño; e o venres 27 no CSC das Fontiñas, coa Coral Solfa e Obradoiro de Voces Libredón.

Unha oportunidade de achegarse á música coral e ás corais que ao longo de todo o ano traballan e ensaian para poñer música a distintos momentos da cidade como agora no Nadal.

Post navigation

Previous: Obituario: Maximino Viaño
Next: Osos, elefantes e unha aldea viquinga no Nadal do Gaias

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.