Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Pinocho no Nadal de Compostela

compostela circo pinocho slide

Compostela, 15 de decembro do 2024 – O Nadal de Compostela ten este ano un participante inesperado. O neno de madeira que mudo en real, Pinocho, visitará Santiago.  

O Circo de Pinocho é un espectáculo de Educateatro Producións, qie visitará o Nadal de Compostela do 20 de decembro ao 4 de xaneiro ofrecendo 17 funcións. Estará instalado no parque das Cancelas e as entradas que xa están á venda na web circodepinocho.gal por prezos que van desde os 11 euros.

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presentou hai unha semana a montaxe nunha rolda de prensa na que estivo acompañada polo productor, Xandre Vázquez, e por Pepiño Grilo e Pinocho, dous dos protagonistas desta innovadora proposta escénica para este Nadal.

 O Circo do Pinocho é unha montaxe que combina o teatro musical cunha escolma dos números máis clásicos do circo, nunha carpa deseñada especificamente para este espectáculo no que aparecen personaxes do clásico conto infantil.

Entra no Nadal da Bisbarra

A Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude vai repartir máis de 300 entradas de balde, parte delas para familias vulnerables usuarias dos Servizos Sociais, e outra parte a través do departamento de Comercio, na ruleta “Eu Merco Aquí” que estará instalada durante o Nadal na carpa da Praza Roxa e na Alameda.

Xandre Vázquez explicou que o “Circo de Pinocho” é “unha proposta de circo clásico pero modernizado, e ademais é a día de hoxe a única proposta de circo galego, con artistas que ademais son na súa maioría residentes en Santiago”.

María Rozas aproveitou para dar conta tamén doutras accións que fan parte da programación de Nadal, organizadas desde a Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude.

A tenenta de alcaldesa lembrou que “o departamento de Comercio volve apostar por actividades de dinamización, que anime á veciñanza a sair á rúa e, polo tanto, a achegarse ao pequeno comercio, para o que esta época do ano é fundamental”. Ao igual que o ano pasado, a programación centralizarase nas carpas que se van instalar na Praza Roxa e na Alameda.

Post navigation

Previous: Nadal en Ames
Next: As bicicletas son para Papa Noel

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.