Músicas na Linde, 19 de novembro do 2024 – Jairo Perera, Muchachito, estará o vindeiro sábado día 23 nos Momentos Alhambra Acustiquísimos que terán lugar no Hostal Monumento San Francisco.

Muchachito é desde finais dos 90 un dos artistas máis icónicos dentro da rumba Catalana. A partir do 2004 comezou a ser realmente coñecido e desde entón leva fusionando o rock ou o estilo New Orleans con eses outros ritmos tan típicos de Barcelona e a súa contorna.
Decidimos falar con el nas nosas Músicas na Linde para saber un pouco máis dun artista polo que parece que non pasa o tempo, van vinte anos desde aquel 2004 pero segue soando e actuando como un rapaz e os seus fans, as veces, non perciben o paso do tempo nel.
Como dicíamos Muchachito, Jairo, mestura dento da rumba catalana todos os estilos que un poda pensar, deixando de ese estilo base o xeito de construir as letras. Letras que son as veces o máis querido das súas cancións.
Unha das características máis divertidas de este artistas, é a súa constante viaxe dos traballos con banda aos concertos en solitario como o que dará en Compostela. El mesmo recoñece que non se entende a Muchachito sen esas dúas caras.
No caso das bandas, G5 ou La Pandilla Voladora por exemplo, é difícil ocultar que naceron para o desfrute dos que as compoñen, traballo serio e profesional pero que non funcionaria se non fose por esas ganas de pasalo ben xuntos.
E agora Muchachito sorprendeunos cunha colaboración con Grande Amore do que se confesa gran admirador e amigo, chegando a pasar días en Burela na casa do galego.
O concerto ten todo vendido pero falar con el acércanos un pouco máis non só a un artista único, tamén á realidade do que se ve desde fora dos artistas galegos; coma case sempre desde hai anos máis valorados por aí diante que na casa.
Acustiquísimos


Alhambra leva anos programando os seus acustiquísimos. A combinación de directos de artistas moi especiais, en lugares únicos e co traballo de chefs de primeiro nivel da un resultado exclusivo cun éxito constatado ano tras ano.
No caso de Santiago o espazo será o Patio de Cristal do san Francisco Hotel Monumento e o chef encargado de poñer sabor á actuación de Muchachito é Fernando Rodríguez de O Secadeiro. Unha proposta distintas de Cervexas Alhambra que sitúa, unha vez máis, a Compostela nos circuítos musicais máis importantes do país.