Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Padrón

O Museo do Pobo Galego recibe en depósito 40 pezas de indumentaria feminina da Fundación Rosalía de Castro

O Museo do Pobo Galego ven de recibir, en depósito, 40 pezas de indumentaria feminina da Fundación Rosalía de Castro.
unnamed-slide_r

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 27 de setembro do 2019 – O Museo do Pobo Galego ven de recibir, en depósito, 40 pezas de indumentaria feminina da Fundación Rosalía de Castro.
    • Unha ollada á moda doutro tempo

Compostela, 27 de setembro do 2019 – O Museo do Pobo Galego ven de recibir, en depósito, 40 pezas de indumentaria feminina da Fundación Rosalía de Castro.

Manuel Vilar, director do Museo do Pobo Galego, e Anxo Angueira Viturro, presidente da Fundación Rosalía de Castro, firmaron o convenio de depósito na Biblioteca Antonio Fraguas do Museo.

Trátase de vestimenta feminina elaborada entre 1875 e 1914 na súa meirande parte, con algunha peza procedente dunha época posterior (anos 30 e 50). A Fundación Rosalía de Castro deposita esta roupa no Museo do Pobo Galego para ampliar a colección de indumentaria e para a súa mellor conservación.

Unha ollada á moda doutro tempo

As pezas depositadas, das que se descoñece a súa historia previa, son roupa que empregaba a fidalguía e a burguesía, clases de gran poder adquisitivo que ocupaban un lugar alto na xerarquía social. Trátanse de chambras, corpos de traxe, chaquetas (na maioría partes superiores) que seguen as pautas da moda internacional, pois as mulleres destas clases sociais buscaban a distinción vestindo segundo os patróns marcados desde os centros europeos da moda. Concretamente, para a moda feminina da época, de París.

Convenio Museo do Pobo Casa Rosalía
Manuel Vilar, director do Museo do Pobo Galego, e Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro na firma do convenio

Esta roupa destaca polos tecidos e adornos empregados para a súa confección. As pezas máis antigas están elaboradas con damascos, veludos, tules ou saténs; tecidos traídos da industria téxtil europea e feitos de fibras naturais como a la, o liño, o algodón ou a seda. Con respecto aos adobíos, moita desta vestimenta está engalanada con agremáns de cordón e abelorios de vidro, moi de moda naquel tempo.

 Como peza destacada deste depósito atópase un corpo de traxe feminino de satén de seda, elaborado en cor verde, con adornos de tule que inclúen un bordado floral de fío en diferentes cores. A cinturiña interior da peza ten bordada a marca da modista Emilia Morales, de quen sabemos por unha factura da época que estaba establecida no número 30 da rúa de Santo André da Coruña na década de 1870.

Post navigation

Previous: Noia e a Universidade de Santiago ofrecen seis cursos de formación gratuítos para maiores de 50 anos
Next: O XI Tríatlon Ponte Nafonso “Memorial Míchel” doa un desfibrilador automático á Cruz Vermella Noia

Máis novas

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

usc territorios que lideran 2 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

A USC impulsa o Foro “Territorios que lideran”

silleda-subrogacion-saf-slide-24-xaneiro-2022_r
2 minutes read
  • Compostela

Siad 24 sen argumentos para non pagar as nóminas do SAF

DANIEL CROS Y LAS ALMAS
2 minutes read
  • Xeral

Daniel Cros trae Las Almas Sedientas a Santiago

compostela maker faire xornada industria 30 setembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

A Maker Faire Galicia organiza unha Xornada de Industria

fundacion granell inauguracion expo slide 30 setembro 2026
2 minutes read
  • Xeral

“Bata paisana. Bravas do país” na Fundación Granell

Luz-Fandinho-slide-29-abril-2024-151_r
2 minutes read
  • Xeral

Luz Fandiño terá o seu recoñecemento

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2814) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (449) Educación (776) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (823) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (735) Politica (949) saúde (533) Servizos (2698) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (585) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.