Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

8 mulleres de Compostela

compostela mulleres de compostela SLIDE 8 marzo 2025

Santiago homenaxeou, con motivo do 8M, a 8 mulleres de Santiago cunha recoñecida relevancia social en distintos ámbitos da historia da cidade.

Este ano “Mulleres de Compostela” , o galardón que polo 8M, Día Internacional da Muller, outorga o concello de Santiago, consolídase oficialmente ao incluírse no Regulamento do Consello de honras e condecoracións da cidade.

O obxectivo de “Mulleres de Compostela” é recoñecer as traxectorias profesionais e vitais de varias mulleres que forman parte da historia viva da cidade. O galardón foi este ano foi para Guadi Galego, Melania Cruz, Esperanza Nogueira, Teresa González, Carme Castro, Pilar Astray, María Suárez e Carmen Iglesias.

O Auditorio de Galicia acolleu unha nova gala de entrega dos Premios Mulleres de Compostela 2025, conducido pola xornalista Rosa Aneiros e que contou coa presenza da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e de boa parte da Corporación municipal. A artista Sheila Patricia foi a encargada de abrir o acto coa peza ‘Camiño Branco’. 

Na súa intervención de arranque, Rosa Aneiros fixo un repaso polas “mulleres andadoras” que foron facendo camiño como “as nosas queridas Maruxa e Coralia” e recordou que o Día das Letras Galegas deste ano estará dedicado á poesía oral transmitida polas cantareiras, polo que “como fixeron as lavandeiras, as costureiras, as segadoras, as panadeiras faremos o camiño a través do noso concello cantando”, dedicándolle unha cantiga a cada unha das premiadas. 

A continuación, foi presentando cada unha das mulleres “que representan o mellor de nós, mulleres traballadoras que salientan en diferentes eidos e coas que aprendemos cada día”, que foron subindo ao estrado para recoller o galardón de mans da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e dos e das representantes dos grupos políticos da Corporación Míriam Louzao, María Rozas, Borja Verea e Mercedes Rosón. 

Cada unha das galardoadas recibiu unha xoia personalizada cun sapo en acibeche, prata e filigrana, típicos da ourivería tradicional de Compostela, deseñada pola artista Susi Gesto. Durante a entrega tamén se visualizou un vídeo sobre cada unha das premiadas.

A alcaldesa pechou o acto e parabenizou as mulleres galardoadas que no día a día “constrúen a Compostela feminista, máis xusta e igualitaria para todas as persoas” e contribuén a formar esa cidade que “recoñece os avances colectivos e do asociacionismo feminista e de mulleres, mais tamén celebra ás que, con nomes e apelidos, desde ámbitos diversos como o deportivo, o social, o artístico, o hostaleiro ou o asociacionismo veciñal, dan o mellor de si propias para facernos avanzar cara o futuro de xustiza que anhelamos”.

Galardoadas

No acto, o Concello distinguiu dúas mulleres referentes no mundo da cultura actual: a cantante Guadi Galego, unha das artistas máis relevantes da escena galega de hoxe en día, antiga compoñente do grupo Berrogüetto, que desde 2009 desenvolveu a súa carreira en solitario con sete discos que a converteron “nunha das cantantes máis queridas e máis seguidas deste país con cheos nos seus concertos e milleiros de voces que corean as súas cancións máis emblemáticas, esas que constitúen xa a banda sonora da nosa vida”, resaltou a condutora. Recolleu o premio a xornalista Marga Pazos, ao atoparse traballando Guadi Galego. 

Tamén recibiu o recoñecemento a actriz de cine, teatro e televisión, Melania Cruz, Premio de Cultura Galega das artes escénicas, Mestre Mateo á Mellor Interpretación Feminina e María Casares de interpretación, á que a presentadora definiu como “tenaz, talentosa, positiva, amante dos animais e cunha ilusión e paixón inesgotables, porque o seu esforzo non remata cando baixa do escenario senón que segue traballando porque sabe que sempre hai un matiz que marca a diferenza”. Carmen Méndez, tamén actriz, recolleu no seu nome, pois Melania Cruz estaba representando a obra As Desterradas no Teatro Principal. 

Recolleron o premio Esperanza Nogueira, durante moitos anos participante activa da Asociación A Xunlla de Laraño, en recoñecemento polo “arduo traballo na asociación de veciñas e veciños da súa parroquia”; e Teresa González, expresidenta da Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (ACEM) onde se dedicou a “loitar polos dereitos das persoas con esclerose múltiple e conseguir unha correcta atención social, psicolóxica, física-funcional, educativa e sociocomunitaria”  dunha patoloxía da que ela mesma foi diagnosticada con apenas 30 anos, e que preside na actualidade a federación galega de persoas afectadas por esta enfermidade, a FEGADEM. 

Tamén subiu ao estrado Carme Castro ‘Cuqui’, presidenta do Fútbol Club San Pedro desde 2020, nun recoñecemento “extensivo a todas as mulleres e nais que, non só dende os equipos directivos, como é o seu caso, haxa frío, vento ou chuvia carretan fillas e fillos para adestramentos e animan nas gradas cada fin de semana”.

Outra das condecoracións foi para Pilar Astray, socia activa da Asociación do Traxe Galego desde hai máis de 30 anos, na que desempeñou varios cargos directivos, incluíndo o de presidenta, polo seu labor en defensa deste símbolo “do noso patrimonio que ten que poñerse de moda, sen vergoñas ao vestilo, porque forma parte do noso acervo cultural” a través da o impulso da divulgación e a investigación. 

Este recoñecemento municipal tamén o recibiron dúas mulleres referentes da hostalaría compostelá: María Suárez, que rexenta desde 1990 a popular taberna Chantadina no barrio de Sar, “unha muller discreta, sempre cun sorriso, pero coa firmeza necesaria para gobernar unha barra, unha formiguiña que move o mundo”; e Carmen Iglesias, propietaria do mesón A Charca na rúa do Franco, no que leva 50 anos á fronte dos fogóns, “un referente da hostelería compostelá tanto pola súa capacidade emprendedora como polo amor pola súa profesión”. 

Post navigation

Previous: Denuncian á Xunta pola falta de protección sobre os espazos verdes onde se instalaría Altri
Next: O máis lido en Lindeiros do  3 ó 7 de marzo

Máis novas

FOLGA
  • Xeral

Lindeiros apoia a folga

ames bng cortes de luz 10 niovembro 2026
2 minutes read
  • Ames

Lanzan unha campaña para denunciar os cortes de luz en Ames

compostela informe icomos gargolas 10 novembro 2026
8 minutes read
  • Xeral

Veciños e asociacións valoran o informe de ICOMOS sobre as gárgolas do Hostal

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (835) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2705) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.