Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Peleteiro avanza pero non convence

planos

A plataforma que se opón ao proxecto actual considera unha “falta de respecto ás seis comunidades de propietarios e 1 familia particular que presentaron alegacións”


O goberno municipal de Santiago levará ao pleno municipal a modificación do PXOM no ámbito do antigo colexio Peleteiro. Tras a súa aprobación inicial en febreiro, a modificación puntual someteuse a información pública durante dous meses, período en que se formularon tres alegacións.

Hoxe terá lugar a Comisión informativa de Urbanismo na que, entre outros asuntos, o concelleiro Iago Lestegás explicará a documentación e os trámites realizados. O próximo xoves será a votación para a aprobación provisional da modificación puntual do PXOM e, nuns meses, podería aprobarse de forma definitiva.

Revisa tódalas novas publicadas en Lindeiros sobre Peleteiro https://lindeiros.net/?s=peleteiro

A de Peleteiro é a primeira revisión de usos que sae adiante desde 2003 e ten varios obxectivos segundo o goberno municipal. Por unha banda, preténdese revisar a ordenación de usos vixente co fin de protexer o comercio de proximidade, evitando a implantación dun centro comercial; e priorizar o uso residencial introducindo unha reserva de vivenda protexida.

O concelleiro de Urbanismo aclarou que o plan vixente establece unha superficie máxima de uso residencial de 4.500 m2, mentres que a ordenación proposta permite ata 16.300 e obriga a destinar a vivenda protexida polo menos o 45% da superficie total edificable, excluída a planta baixa.

Con esta modificación, indicou, o uso residencial pasa de ser opcional e minoritario a ser o uso característico e elimínase o uso hoteleiro, que de acordo coa ordenación vixente podería ocupar ata 7.000 m2.

O segundo obxectivo xeral é redefinir a volumetría para crear espazos urbanos de calidade. Así, redúcese a edificabilidade de 23.500 a 19.000 m2 construídos de uso lucrativo.

Mantense aproveitamento urbanístico e mais as dotacións públicas de cesión obrigatoria definidas en 2005: un equipamento público de 900 m2 e un espazo libre público de 1.395 m2.

Lestegás explicou que se configura un espazo público de calidade orientado ao sudoeste (cara á rúa de San Pedro de Mezonzo), pero cun acceso amplo e diáfano dende o norte (dende a rúa da República Arxentina).

Oposición

A plataforma que aglutina a seis comunidades de propietarios e 1 familia particular, situadas no ámbito de Peleteiro, presentou diversas alegacións. Unha das e sobre as dotacións públicas “As mesmas dotacións públicas definidas no 2005, que xa as considerábamos irrisorias hai 20 anos. (900 m2 para equipamento sociocomunitario e 1.395 m2 para espazo libre) son as dimensións que hoxe se contemplan no Plan”.

Son críticos tamén coa información facilitada da que din que é insuficiente e mesmo consideran que a proposta actual “é unha traizón xa que cando estaba na oposición expresou publicamente que nunca aprobaría un Plan que non fora antes consensuado coa veciñanza directamente afectada”.

Alegacións

En canto ás alegacións, na  primeira delas, presentada por unha comunidade de propietarios da contorna, móstrase a conformidade coa ordenación aprobada inicialmente pero solicítase, entre outras cousas, extremar as precaucións na execución da obra para paliar posibles afeccións ao seu edificio.

Na segunda, presentada por varias comunidades de propietarios da contorna, alégase que a proposta vulnera os criterios actuais do urbanismo, cuestiónase o procedemento de tramitación, solicítase a rehabilitación do edificio existente para usos públicos e descríbense afeccións concretas aos seus edificios.

Na terceira, presentada por un particular, alégase que a modificación proposta despreza o desenvolvemento urbano sostible e fanse varias consideracións de carácter xurídico.

Tras examinar as alegacións presentadas, no bloque máis grande amplíase o recuamento do primeiro ático de 1 a 2,5 metros na zona de contacto co edificio sito no número 13 de República Arxentina, e recúase tamén este ático 2,5 metros respecto ao patio, mantendo os 3 metros xa definidos no documento inicialmente aprobado con respecto á fachada orientada á praza. Ao incrementar o recuamento deste ático, mellórase a relación da nova edificación con respecto aos edificios da contorna.

A proposta de modificación de planeamento contou coa conformidade da Sareb, propietaria do terreo, a través dunha carta do seu director á alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín.

En xuño deste ano, tras unha reunión en Santiago entre a rexedora e a ministra de Vivenda, Isabel Rodríguez, en que tamén participou o concelleiro de Urbanismo, o Goberno anunciou a inscrición desta parcela na nova Empresa Pública de Vivenda do Estado no marco do traspaso de activos da Sareb, un proceso que está en marcha.

Post navigation

Previous: E logo… que foi? acoso
Next: E logo… que foi? bombeiros

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.