Compostela, 2 de decembro do 2020 – Os alcaldes de Ames e Santiago mantiveron este martes unha reunión para tratar a unión peonil co Milladoiro e as últimas novidades sobre a depuradora da Silvouta.
O recedor de Ames, José Miñones, e o de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, amosaron a súa intención de desbloquear o proxecto que permitirá conectar de xeito peonil, inicialmente, e a través dunha senda ciclable, con posterioridade, os núcleos de Santiago e O Milladoiro. Miñones falaba dunha senda peonil operativa no 2021 e posteriormente avanzar nunha para ciclistas
Noutra orde de cousas, o alcalde de Santiago informou a Jose Miñones da situación da EDAR da Silvouta, infraestrutura que tamén afecta ao concello de Ames. O proceso de dialogo competitivo segue polo momento os trámites e este mesmo luns a Xunta de Goberno local de Santiago tomaba coñecemento da proposta de convenio enviada desde ACUAES e na que participa tamén Augas de Galicia. O proxecto de mellora ten un investimento previsto de máis de 56 millóns de euros.