Compostela, 03/03/2026 – O narcotráfico e os episodios de violencia no Ensanche de Compostela seguen preocupando á veciñanza. A situación no é nin de lonxe a que se chegou a vivir nos anos 80 do século pasado pero para o que vive ao lado iso non é consuelo.
A Asociación Veciñal Raigame ven denunciando e presionando ao concello e as forzas de seguridade para atopar solucións. Ao mesmo tempo procura a opinión da veciñanza e fai pedagoxía en mesas redondas como a que terá lugar este xoves.
O encontro celebrarase ás 20:00 horas no CSC O Ensanche e falarase sobre o que poden facer as comunidades de propietarios e as asociacións veciñais ante este tipo de situacións.
A convocatoria enmárcase na preocupación existente na Zona Nova de Santiago polos casos detectados da existencia de narcopisos e polo impacto que este tipo de actividades teñen na convivencia e na seguridade da veciñanza.
Con esta iniciativa, Raigame busca ofrecer información, orientación e ferramentas prácticas ás persoas afectadas, así como abrir un espazo de reflexión sobre un problema que preocupa a diferentes barrios da cidade.
Problemas que se repiten
Na última entrada da súa web Raigame denuncia os problemas que xeran na zona os negocios de ocio nocturno. Denuncian “dous novos incidentes na madrugada do sábado 28 de febreiro”. Engaden que son quince os “negocios de ocio nocturno nunha zona residencial que supoñen máis gastos á cidadanía que beneficios”.
Raigame o concreta en “custo policiais, custos sanitarios, custos de reposición do mobiliario urbano, custo do servizo de limpeza…”. A Asociación veciñal esixe ao concello e a toda a corporación tres medidas: 1) Que faga cumprir as ordenanzas municipais no tocante a licenzas, aforos, horarios e limitadores de son; 2) O peche definitivo dos “afters” con licenza de bar e 3) O adianto de dúas horas dos negocios de ocio nocturno en zonas residencias. No caso das discotecas sería ás 4 da madrugada no canto das 6.
Os representantes veciñais tamén reclaman da Xunta de Galicia que adiante en dúas horas o horario dos negocios de ocio nocturno en zonas residencias en Galicia. O obxectivo sería equiparar a Galicia con outra autonomías que “xa o fixeron para así protexer á veciñanza e ao comercio local”.
