Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Sen medo. A edición 13 do Mercado da Estrela desde o 13

mercado-da-estrela-slide-9-decembro-2024_r

Compostela, 9 de decembro do 2024 – Sexas ou non supersticioso, desde o vindeiro día 13 poderás desfrutar en Compostela da edición 13 do Mercado da Estrela.

Do 13 ao 15 de decembro en Fonseca, San Martín Pinario, a Praza 8 de Marzo e Don Bosco atoparás artesanía, obradoiros, foodtracks e concertos nun dos mercados de nadal máis consolidados na cidade. A feira estará aberta o venres de 17 a 21 horas; e o sábado e o domingo de 11 a 21 horas.

A zona foodtruck, con vehículos de comida e sesións musicais a cargo de picadiscos de distintos xéneros, estará instalada na Praza 9 de marzo; mentres que os concertos e as actividades musicais manteranse na pista do Centro Xuvenil Don Bosco.

No cartel deste ano figuran actuacións tan relevantes como Boyanka Kostova, Amoebo, Belish, Alana, Pava, Terrae, MONOULIOUS DOP, More Amore DJs, MeuReich, Señora DJ, DJ Daasanach, Crooked Davage DJ, Saibran DJ.

Como novidades, estará o “Bigo estreleiro” con Lúa Gándara, e o “Bingo Musical” con Esteban, dúas propostas que “teñen como obxectivo animar á participación dos asistentes, para que conten as súas anécdotas no Mercado da Estrela, ou mesmo para que fagan as súas declaracións de amor”.  Ademais diso, haberá actividades de ocio e obradoiros pensados, fundamentalmente, para o público infantil, en diferentes espazos.

Presentación

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presentou a programación, acompañada pola directora do Mercado da Estrela, Mónica Mejías.

María Rozas salientou que “o Mercado da Estrela pón en valor o talento local, pero ademais é unha iniciativa que leva anos descubríndonos o noso patrimonio, abrindo espazos singulares como San Martiño Pinario ou o Pazo de Fonseca”.

A tenenta de alcaldesa mostrouse convencida de que o programa “superará o récord de asistencia de 2023, con case 28.000 visitantes, 8.000 máis que un ano antes”. Para Rozas, este éxito “é o resultado do traballo ben feito pero tamén dun cambio de paradigma, dunha maior consciencia da necesidade de apostar por un consumo máis responsable e de poñer en valor a calidade e o talento dos produtos artesanais e do comercio local”.

Na mesma liña, Mónica Mejías lembrou que o Mercado da Estrela leva como lema “Agasalla talento galego”, e cada ano “é máis a xente que nos di que agarda ao mercado para facer compras de Nadal e para atopar regalos especiais e de calidade”.

Post navigation

Previous: Cobrar máis en festivos e fins de semana é o normal
Next: Onde morren o Sar e o Ulla

Máis novas

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

compostela programación apostolo 15 xullo 2026
12 minutes read
  • Axenda

Que e quen no Apóstolo 2026

Casa Consistrorial de brion
2 minutes read
  • Xeral

A Festa dos maiores de Brión abre un novo debate

Sindo Guinarte e Marta Aball, concelleiros socialistas que piden a modificación da ordenanza de convivencia
2 minutes read
  • Xeral

Piden a actualización da ordenanza de convivencia de Santiago

Cartel do festival emerxente de Ames
5 minutes read
  • Ames

Ames prepara xa o Festival Emerxente

Monmento en que asinan o acordo s deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra.
3 minutes read
  • Compostela

Escola, cultura e territorio

Un momento da subida ao monte en procesión na romaría do Santiaguiño
3 minutes read
  • Xeral

Festas do Santiaguiño en Padrón

Cartel do evento Sabor a novo que se celebrará o Pazo de San Lourenzo
5 minutes read
  • Axenda

Sabor a novo no Pazo de San Lourenzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2770) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (727) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (550) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.