Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Toda a programación do Mercado da Estrela que hoxe comeza

mercado-da-estrela-slide-9-decembro-2024_r

Compostela, 13 de decembro do 2024 – Hoxe abre o Mercado da Estrela; en diferentes espazos e con diferentes actividades polo que será bo recoller a programación día a día para que vaiades anotando.

Concerto na edición 2022

Venres 13 de decembro (hoxe mesmo)

15h. en adiante: apertura da Zona Foodtruck na praza 8 de Marzo con sesións picadiscos, con barra e canxeo de estrelas.

17h en adiante: Bus Estreleiro na praza de Cervantes

17h. a 21h: Apertura dos espazos da Feira Creativa de Agasallos de Nadal: San Martiño Pinario (Claustro Procesional e Hospedaría con foto-recordo no Fotomatón Estreleiro  cuñando comprobantes de compras realizadas no Mercado da Estrela) e  Salón Comedor do pazo de Fonseca con  sorpresas no Xardín das Pedras que Falan)

18h a 19h: Obradoiro de galletas de Nadal a cargo de Hello Cooking. A partir de 5 anos. Preinscricións no Salón Peregrinos da Hospedería de San Martiño Pinario quince minutos antes do comezo da actividade.

18h en adiante: Brinde inaugural con Paco&Lola e as marcas participantes do Mercado da Estrela

19h. a peche: Espazo Musical na pista cuberta dos xardíns do CX Don Bosco. Ademais: posto gastronómico, barra e canxeo de estrelas.

Concerto Alana; Actuación Amoebo; Concerto Terrae; More Amore Djs

Sábado 14  de decembro

11h. a 21h: Apertura dos espazos da Feira Creativa de Agasallos de Nadal do 13º Mercado da Estrela e café mañaneiro con Dromedario para as marcas participantes: San Martiño Pinario (Claustro Procesional e Hospedaría con foto-recordo no Fotomatón Estreleiro cuñando comprobantes de compras realizadas no Mercado da Estrela) e  Salón Comedor do pazo de Fonseca con sorpresas no Xardín das Pedras que Falan)

11:30 a 13:30: Xogos xigantes e gardería ludoteca na Hospedería de San Martiño Pinario

12h en adiante: Bus Estreleiro na praza de Cervantes

12h. a 14h: Obradoiro para elaborar Candeas de Soia da man de Alma Verde Eco. Preinscricións no Salón Peregrinos da Hospedería de San Martiño Pinario quince minutos antes do comezo da actividade.

12h. en adiante: apertura da Zona Foodtruck na praza 8 de Marzo con sesións picadiscos a partir das 13h aprox. Ademais: barra e canxeo de estrelas.

17:00 a 19h: Xogos xigantes e gardería ludoteca na Hospedería de San Martiño Pinario.

17h: Obradoiro de Kokedama navideño da man de “Plántate”. Preinscricións no Salón Peregrinos da Hospedería de San Martiño Pinario quince minutos antes do comezo da actividade.

18h. a peche: Espazo Musical na pista cuberta dos xardíns do CX Don Bosco. Ademais: posto gastronómico, barra e canxeo de estrelas.

Bingo Estreleiro con Lúa Gándara e micro aberto para anécdotas acontecidas no Mercado da Estrela, declaracións de amor e propósitos e desexos de aninovo  (actividade de xogo con agasallos sorpresa, non económicos)

DJ Daasanach; Actuación Belish; Señora DJ; Concerto Boyanka Kostova; Señora DJ

Domingo 15 de decembro

O domingo sacaremos do armario os xerseis máis frikis do Nadal, liberaremos os pompóns, desempoaremos as camisas de flanela, airearemos as camisetas de purpuriña, rescataremos os gorros, as boinas e as bufandas de oitos, e recuperaremos dos caixóns as diademas de reno e as coroas dos pasados roscóns de Reis para desfrutar das últimas compras, os últimos brindes e as últimas apertas no Mercado da Estrela!

11h a 21h: Apertura dos espazos da Feira Creativa de Agasallos de Nadal do 13º Mercado da Estrela e café mañaneiro con Dromedario para as marcas participantes: San Martiño Pinario (Claustro Procesional e Hospedaría con foto-recordo no Fotomatón Estreleiro cuñando comprobantes de compras realizadas no Mercado da Estrela) e  Salón Comedor do pazo de Fonseca con sorpresas no Xardín das Pedras que Falan)

11:30 a 13:30: Xogos xigantes e gardería ludoteca na Hospedería de San Martiño Pinario

12h en adiante: Bus Estreleiro na praza de Cervantes

12h en adiante: Apertura da Zona Foodtruck na  praza 8 de Marzo con sesións picadiscos a partir das 13h aprox. Ademais: barra e canxeo de estrelas.

15h a 17h: Obradoiro para elaborar Candeas de Soia impartido por Alma Verde Eco . Preinscricións no Salón Peregrinos da Hospedería de San Martiño Pinario quince minutos antes do comezo da actividade.

17h: Obradoiro de Kokedama navideño realizado por “Plántate”. Preinscricións no Salón Peregrinos da Hospedería de San Martiño Pinario quince minutos antes do comezo da actividade

17:00 a 19h: Xogos xigantes e gardería ludoteca na Hospedería de San Martiño Pinario.

20h en adiante: Entrega de globos estreleiros ás primeiras persoas que os soliciten e se comprometan a “adoptalos” na casa como decoración desbotándoos, tralo Nadal, de forma responsable. Varios espazos.

17:30h a peche: Espazo Musical na pista cuberta dos xardíns do CX Don Bosco. Ademais: posto gastronómico, barra e canxeo de estrelas.

Bingo Musical con Esteban: (actividade de xogo con agasallos sorpresa, non económicos); Concerto Pava; Actuación Monoulious DOP. Concerto de peche da xira Disko Disko; DJ Daasanach. Sesión Kuduro.

Post navigation

Previous: AstroGalicia formará parte do Nadal de Arzúa
Next: Dodro abre o Nadal coa entrega do Eusebio Lorenzo Baleirón de poesía

Máis novas

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

mancomunidade ordes saida patrimonio 5 novembro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Nova saída para coñecer a Mancomunidade de Ordes

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (834) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.