Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

O Mercado da Estrela volverá a Compostela polo Nadal

O Mercado da Estrela chegará a súa edición número once entre os vindeiros 16 e 18 de decembro.en Santiago de Compostela.
compostela-mercado-da-estrela-slide-17-novembro-2022-(3)_r

Compostela, 17 de novembro do 2022 – O Mercado da Estrela chegará a súa edición número once entre os vindeiros 16 e 18 de decembro.

Os espazos que acollerán o Mercado da Estrela serán San Martiño Pinario e o 2º andar do Centro Obra Social Abanca na praza de Cervantes. Obradoiros e gardería complementan a oferta de este mercado creativo que promove principalmente o produto artesanal galego. A programación completarase coa oferta musical e gastronómica na praza 8 de marzo e na pista cuberta do Centro Don Bosco.  

A programación foi presentada polo concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, a directora do evento, Mónica Mejías, e a xerente da Fundación de Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro. O Mercado da Estrela conta co patrocinio do Concello de Santiago, Turismo de Santiago, a Dirección xeral de Comercio e Consumo apoiando á marca Artesanía de Galicia, Estrella Galicia e Gadis, así como coa colaboración do Seminario Maior, a “Hospedería San Martín Pinario”, Abanca e o Centro Don Bosco como localizacións anfitrionas do evento.

Durante a rolda de prensa, o concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, recordou a importancia deste evento para o Nadal compostelán xa que “ademais dunha actividade moi atractiva para a cidadanía, tamén defende e promove o comercio de proximidade, a creatividade local e a cultura feita en Galicia”. O edil tamén aproveitou para convidar a veciñas e veciños de todas as idades e tamén a visitantes de fóra de Santiago a “achegarse esa fin de semana e mercar os agasallos de Nadal para familia e amizades”.

Un centenar de marcas de artesanía, moda, ilustración, xoguetes, fotografía, deseño, decoración, edición, produtos enogastronómicos e últimas tendencias participarán durante a fin de semana previa a Nadal. Unha oferta que incluirá foodtrucks, postos de restauración e un atractivo programa de concertos e sesións picadiscos como a do DJ Pretty Pretty 2000 o venres, o Bingo de Nadal o sábado, o concerto de Rastreadores o domingo e o xa tradicional Fotomatón Estreleiro.

Unha programación á que se irán engadindo contidos que serán desvelados pouco a pouco a medida que se acheguen os días sinalados.

Post navigation

Previous: Investimento millonario en colexios de Padrón e A Baña
Next: Negreira abre o prazo do XII Concurso “Loita contra a violencia de xénero”

Máis novas

diego luis diaz alcalde val do dubra primer plano 5 outubro 2026
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Diego Luís Díaz, alcalde de Val do Dubra

a banha nova umeracion 5 outubro 2026
3 minutes read
  • A Baña

A Baña prepara a nova numeración municipal en 11 parroquias

santa comba mellora de viarios 5 outubro 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Santa Comba licita a mellora de viarios

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

deputacion-variante-cacheiras-slide-18-outubro-2018_r
2 minutes read
  • Xeral

Problemas nas obras da variante de Cacheiras

compostela-transporte-urbano-slide-30-agosto-2022_r
2 minutes read
  • Xeral

O concello de Teo esixe manter a liña 12 do urbano de Santiago

usc territorios que lideran 2 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

A USC impulsa o Foro “Territorios que lideran”

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2814) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (449) Educación (776) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (823) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (735) Politica (949) saúde (533) Servizos (2698) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (585) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.