Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Rematadas as mellora da Praza de Abastos de Compostela

compostela rematadas melloras paraza abasto 12 agosto 2024 (2)

Compostela, 12 de agosto do 2024 – O concello de Santiago de Compostela ven de recepcionar as obras da Praza de Abastos, que contaron cun orzamento de 450.000 euros.

A actuación na Praza centrouse na posta en valor do edificio, co obxectivo de incrementar a súa funcionalidade e facelo máis cómodo e accesible a cidadanía e visitantes.

O concelleiro de Obras, Xesús Domínguez valorou positivamente a recepción das obras da Praza porque supón unha mellora substancial nun enclave estratéxico do Concello. As obras consistiron en diferentes intervencións nas marquesiñas, nos estores, nas portas corredeiras, no aseo adaptado e na instalación eléctrica da torre central. O orzamento foi de 451.278,16 euros.  

Os traballos nas marquesiñas metálicas que se atopan tanto entre as naves do mercado como na súa fachada este consistiron na substitución dos elementos de cuberta para resolver as filtracións de auga e o difícil mantemento do falso teito da Praza.

Tamén se levaron a cabo labores de limpeza do canlón existente e a revisión de selaxes e unións coa estrutura existente. O falso teito de vidro foi substituído por unha malla permeable á luz que sirve para tamizar o seu paso; un elemento o suficientemente lixeiro e resistente para o seu fácil desmonte e manipulación.

Ademais destas actuacións, nas marquesiñas situadas sobre os postos da muralla traballouse para eliminar as filtracións existentes neste punto. Para este fin incrementouse a pendente da cuberta ata o 1,5%, que mellorará a evacuación da auga, e tamén se executou unha nova impermeabilización do canlón existente, instaláronse novas baixante e novo canlón a modo de freo para a auga recollida pola cuberta de tella.

Polo que respecta aos estores verticais que protexen do sol aos postos localizados sobre a muralla, foron recolocados entre os piares para facilitar o seu mantemento, ao seren pezas máis pequenas.

Colocáronse con guías verticais, para garantir o seu uso e mantelos desde ambos lados. Esta solución tamén fai que estes elementos, que deben entenderse como auxiliares, teñan menos peso visual desde a rúa Virxe da Cerca. Ademais, dotáronse de caixas para que estean resgardados da intemperie e motorizáronse para que o recollido se realice de xeito sinxelo.

En canto ás portas corredeiras das naves, de 3 metros de altura, instaláronse novos motores, co obxecto de axilizar a súa apertura pola nova localización do sensor de presenza, que se descolgará do dintel.

Por outra banda as portas están provistas dun marco perimetral de aceiro inoxidable mate, o que protexerá os vidros dos golpes nos bordos. Outras das actuacións realizadas foron a susbstitución da arqueta exterior do baño adaptado para evitar os atascos e mellora da instalación eléctrica da torre central.

Post navigation

Previous: Nova paralización xudicial dun proxecto eólico en Lalín e o Irixo
Next: A Baña reformará as dependencias municipais grazas ao POS

Máis novas

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

compostela programación apostolo 15 xullo 2026
12 minutes read
  • Axenda

Que e quen no Apóstolo 2026

Casa Consistrorial de brion
2 minutes read
  • Xeral

A Festa dos maiores de Brión abre un novo debate

Sindo Guinarte e Marta Aball, concelleiros socialistas que piden a modificación da ordenanza de convivencia
2 minutes read
  • Xeral

Piden a actualización da ordenanza de convivencia de Santiago

Cartel do festival emerxente de Ames
5 minutes read
  • Ames

Ames prepara xa o Festival Emerxente

Monmento en que asinan o acordo s deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra.
3 minutes read
  • Compostela

Escola, cultura e territorio

Un momento da subida ao monte en procesión na romaría do Santiaguiño
3 minutes read
  • Xeral

Festas do Santiaguiño en Padrón

Cartel do evento Sabor a novo que se celebrará o Pazo de San Lourenzo
5 minutes read
  • Axenda

Sabor a novo no Pazo de San Lourenzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2770) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (727) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (550) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.