Compostela, 19 de novembro do 2024 – A Xunta de Goberno Local de Santiago ven de aprobar a licitación para a mellora da accesibilidade en 14 puntos da cidade.
A mellora da accesibilidade en estes espazos sale a licitación cun orzamento de 237.470,05 euros e un prazo de execución de 8 meses. O executivo municipal tamén deu luz verde de forma definitiva este o proxecto para a construción da plataforma loxística e a urbanización da contorna.
A licitación de estes traballos suporá acabar coas pequenas barreiras arquitectónicas que xeran cada día problemas de mobilidade aos peóns ou aqueles que usan cadeiras de rodas. Espazos e que obstaculizan o accesos a certos locais ou o tránsito polo entramado da cidade.
Este proxecto, definido como fundamental pola alcaldesa Goretti Sanmartín, actuará maioritariamente en pasos de peóns e itinerarios peonís nos seguintes puntos: rúa do Río, xunto ao cruzamento coa rúa do Lavadoiro; rúa do Lavadoiro, xunto á Escola Infantil Municipal de Meixonfrío; cruzamento da rúa do Avío, rotonda superior da rúa; paso de peóns na rúa do Avío; cruzamento da rúa dos Irmandiños; paso de peóns e praza do aparcadoiro na rúa dos Xasmíns, cruzamento coa ruela da Estila; cruzamento das rúas de Betanzos e de Proxecto Vagalume, acceso ao CEIP Apóstol Santiago; paso de peóns na rúa de Betanzos, xunto ao camiño peonil cara á rúa de Tomiño; cruzamento da avenida Qurioga Palacios e Costa do Vedor; cruzamento na rúa Gómez Ulla, cruzamento coa rúa do Hórreo; paso de peóns na rúa do Outeiro do Sar, cruzamento coa rúa de Dublín; paso de peóns na rúa de Dublín, xunto á Costa do Vieiro; rúa de Berlín, entorno do acceso ao Centro Comercial Área Central; rúa de Varsovia, pasos de peóns no entorno de acceso ao Centro Comercial Área Central.
As intervencións consistirán na demolición de pavimentos e bordos, escavación de terreos e recheos, nivelación con formigón e pavimentación de beirarrúas, elevación de pasos de peóns e instalación de novos sumidoiros, nova pavimentación podotáctil, retirada de sinalización e recolocación e colocación de varandas.
Nodo loxístico
O Goberno local tamén deu luz verde de xeito definitivo ao Proxecto Básico e de Execución e dotación do Centro Loxístico de acopio e distribución de mercadorías para o casco histórico de Santiago de Compostela.
Goretti Sanmartín salientou que esta aprobación constitúe o “primeiro paso” dun proxecto que “converterá Santiago nun nodo de mercadorías de todo o Noroeste peninsular”, nunha zona “que terá que completarse con outras infraestruturas, coa continuidade do orbital, coa estación de mercadorías da Sionlla”, o que suporá un avance na “diversificación ecnómica do Concello de Santiago, unha das apostas máis importantes que temos como Goberno”.
Este proxecto foi presentado polo Consorcio de Santiago en xullo do 2024 en cumprimento do convenio de colaboración entre o Concello, o propio Consorcio e a empresa pública estatal Mercasa. O proxecto foi completado en novembro deste ano addenda, que tamén foi aprobada na sesión da mañá xunto co autorización do inicio das obras.
gón e pavimentación de beirarrúas, elevación de pasos de peóns e instalación de novos sumidoiros, nova pavimentación podotáctil, retirada de sinalización e recolocación e colocación de varandas.