Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela

O Goberno de Santiago presenta un orzamento de curto prazo

compostela-proxecto-orzamentos-slide-19-xullo-2019_r

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 19 xullo do 2019 – Marta Abal, concelleira de Facenda, presentou un orzamento destinado a rematar o ano pero que marca as primeiras prioridades do novo executivo da cidade.
    • Pleno en agosto
    • Os números

Compostela, 19 xullo do 2019 – Marta Abal, concelleira de Facenda, presentou un orzamento destinado a rematar o ano pero que marca as primeiras prioridades do novo executivo da cidade.

Como se dixo desde o primeiro momento trátase dun orzamento técnico no que se resolven as necesidades principais. Compromisos de pago a provedores ou acordos que necesitan a aportación municipal, como a pasarela da intermodal ou o arranxo das entradas dos Camiños de Santiago, son parte fundamental de estas contas.

As contas deixan tamén unha partida para certas prioridades que poidan ser executadas en este ano. Un novo estudo para a finca de Peleteiro no Ensanche ou unha partida destinada a promoción integran esa partida tal e como explicaba Marta Abal

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2019/07/compostela-marta-abal-concelleira-facenda-prioridades-orzamento-tecnico-19-xullo-2019.mp3

A concelleira indicaba a preguntas do xornalistas que non se poden comparar estes orzamentos cos presentados, e rexeitados polo pleno, por Compostela Aberta; aqueles tiñan un carácter anual e unhas previsións moi distintas a estas contas derivadas da situación dun exercicio que leva seis meses co orzamento prorrogado.

Pleno en agosto

A intención do executivo é ter unha Xunta de Goberno extraordinario hoxe venres para aprobar o documento. A continuación convocarase a Comisión de Facenda que, en todo caso, non poderá ser antes do 30 de xullo para cumprir os prazos legais; dado que hai que deixar desde esa comisión polo menos dous días hábiles antes da convocatoria do pleno este non se celebrará ata a primeira semana de agosto.

Os grupos da oposición recibiron onte xoves o borrador pero aínda non se fixaron datas para as primeiras conversas.

Os números

O obxectivo destas contas, según explicou a concelleira, é “atender as necesidades inaprazables que non poden ser cubertas con cargo aos orzamentos prorrogados de 2018, cuantificadas en máis de 8,6 millóns de euros”. O documento integra o orzamento xeral do propio Concello, o do Auditorio de Galicia e os estados de previsión de ingresos e gastos de Tussa e Incolsa. O orzamento do Concello é de 109.876.024,97 euros e, sumadas as contas do Auditorio, Tussa e Incolsa, alcanza os 113.229.022,02 euros.

Entre as principais necesidades están os gastos de persoal, cuantificados en 2,3 millóns de euros, para atender a suba salarial do derivada das medidas urxentes en materia de retribucións do sector público, o incremento do 0,30% da masa salarial, o aumento das cotizacións á Seguridade Social para a Policía Local, as primas de xubilación e sentenzas. Tamén se inclúen 1,9 millóns de euros para gasto corrente en bens e servizos (facturación dos servizos postais, achega municipal da EDUSI, recollida do lixo e limpeza viaria, consumo eléctrico e outras facturas de gasto corrente por gastos devengados do exercicio 2018).

Outros gastos que se deben afrontar son os máis de 273.000 euros de xuros a pagar en virtude de sentenzas ou algo máis de 245.000 euros para o aboamento do copago á Xunta das escolas infantís consorciadas. Tamén significativo é o crédito de máis de 1,6 millóns de euros destinados investimentos reais: gastos derivados do exercicio 2018; pagamento de sentenzas; direccións de obra no Plan POS+2019 e Plan Adicional da Deputación; e as achegas municipais para a implantación dunha rede de telecomunicacións e mobilidade e para o subministro de postos de traballo informatizados, ambos proxectos no ámbito da administración electrónica e incluídos na EDUSI.

A concelleira destacou tamén a consignación de máis de 2 millóns de euros para atender os compromisos de pago das anualidades 2019 do convenio coa Xunta para o financiamento da pasarela da intermodal e do convenio coa Axencia Galega de Infraestruturas para a mellora e integración paisaxística da entrada dos camiños de Santiago na cidade.

Post navigation

Previous: Reclaman que se manteña na Estrada o Ciclo de FP de Emerxencias
Next: Compromiso ofrece ao Psoe alternar a alcaldía da Baña durante a lexislatura

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

compostela-concerto-real-filharmonia-normal-16-xullo-2019-(2)_r
3 minutes read
  • Xeral

“CANTAMOS!” coa Real Filharmonía

compostela troca e retocra 29 xullo 2026
4 minutes read
  • Xeral

Compostela terá un banco de recursos para a infancia

outono codax 2026
4 minutes read
  • Xeral

Mirando cara o Outono Códax Fest

Un dos taxis que se usan en Santtiago
3 minutes read
  • Xeral

Concurso para outorgar licencias de taxi en Santiago

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.