Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

A veciñanza defendeu a sanidade pública en Compostela

SOS Sanidade pública encheu este domingo as rúas de Compostela nunha manifestación que colapsou a cidade desde as doce do mediodía.
Manifestacion-sanidade-normal-slide-13-febreiro-2023_124508_r

Compostela, 13 de febreiro do 2023 – A convocatoria de SOS Sanidade pública encheu este domingo as rúas de Compostela nunha manifestación que colapsou a cidade desde as doce do mediodía.

Os organizadores falan de 50.000 asistentes e a Policía Local de 22.000 pero calquera das dúas cifras supón un éxito de participación. A praza do Obradoiro encheuse mentres ao casco vello seguían chegando xente berrando a favor dunha sanidade pública de calidade.

Na manifestación participaron os principais líderes políticos, excepto os do Partido Popular que consideran que se está politizando o conflito. A Plataforma SOS Sanidade Pública entregaba esta semana 50.000 sinaturas no Parlamento de Galicia que garanten a tramitación dunha Iniciativa Lexislativa Popular en defensa da sanidade pública e de apoio a atención primaria.  

No obradoiro leuse un manifesto apoiado desde instancias de todo tipo. O escrito explica que a situación de precariedade é consecuencia das “inxustificadas baixadas dos orzamentos para a Sanidade aplicados polos sucesivos gobernos do Partido Popular, (mentres subían o orzamento doutras consellerías)”. Esta baixada de apoios económicos incidiu de forma especial na atención primaria que xa atravesaba unha profunda crise desde antes da pandemia.

O manifesto concreta problemas como os das listas de agarda “que poñen en perigo aos pacientes”. Aumentan os centros de saúde sen pediatras ademais de pecharse urxencias extrahospitalarias.

SOS Sanidade lembra que o orzamento da Consellería é a metade do necesario segundo a Organización Mundial da Saúde. Un gasto sanitario do 14% que debería ser do 25% segundo a OMS.

O manifesto tamén denuncia que este ano só se convocan 620 prazas mir das 725 dispoñibles polo ministerio. Que os últimos informes do Ministerio de Sanidade detectan un aumento en Galicia da mortalidade da mortalidade evitable e xeral, non explicable pola epidemioloxía. En Galicia espérase un ano por unha proba diagnóstica ou unha intervención cirúrxicas, así como entre 6-12 meses para unha primeira consulta para un especialista.

Por outra banda as urxencias hospitalarias acostuman a colapsarse pola demora nas citas de primeira consulta de Atención Primaria. A isto engadese a privatización de servizos como o de transporte sanitario que segue sen alcanzar os niveis mínimos de funcionamento mentres que os sucesivos concursos de concesión reciben en cada ocasión máis orzamento.

Post navigation

Previous:  Apart gañan o Queixo Maquetón 2023
Next: Inquedanza polo proxecto dunha central de bombeo no Tambre

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.