займ срочно

Un 8M participativo

0

Compostela, 9 de marzo do 2023 – Compostela acolleu os actos do Día Internacional da Muller, como cada 8M, con distintos actos que mostraron a necesidade de serguir loitando en prol da igualdade.

A unidade mostrada por tódolos grupos políticos, na lectura do manifesto de este 8M, non se correspondeu coas manifestacións celebradas no serán. En este 8M puidéronse ver ata catro grupos distintos que encheron a rúa Virxe da Cerca desde As Rodas ata a Fonte de San Antonio.

Ao longo de todo o día falouse na cidade da mágoa de ter máis dunha convocatoria. Á das sete da tarde sumouse outra as 8 e, a maiores, mulleres abolicionistas convocaron a lectura dun manifesto ás nove da noite.

Participación sen unión no 8M

O retraso na manifestación das sete, e a boa vontade das participantes, fixo que finalmente saíran case ao mesmo tempo coa convocada para as oito. Pero este 8M víronse na rúa ata catro grupos distintos.

Abría a Plataforma Feminista Galega. Integrada en ela, pero deixando espazo en con consignas propias, estaban as abolicionistas que mantiveron desde mesmo antes de saír unha actitude provocativa. En foros feministas circulou unha mensaxe advertido da presenza das abolicionistas, identificadas con bandeiras verdes, e pedindo que non se lles contestara.

Tras estes dous grupos estaba a Marcha Mundial das Mulleres. Era un pequeno grupo que ía seguido das denominadas Transfeministas. Ao final de toda a comitiva centos de persoas de todo tipo sen identificacións destacables.

A participación estivo, a necesidade da reivindicación existe, pero para un futuro feminista será preciso buscar a unidade no vindeiro 8M.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies