займ срочно

Comeza a novena edición da Maker Faire Galicia

0

Compostela, 1 de xuño do 2023 – Desde hoxe e ata o domingo a Cidade da Cultura acolle a novena edición da Maker Faire Galicia con máis de 70 proxectos e 300 makers participantes.

Xornada final da edición 2022

Un programa cheo de charlas e debates sobre temas como os dilemas éticos en Intelixencia Artificial, biotecnoloxía e hidróxeno renovable, inclusión social a través da tecnoloxía ou divulgación científica forman as xornadas da Maker Faire.

Hoxe xoves a feira céntrase na industria, mañá venres na educación e sábado e domingo serán os días destinados a mostrar a todo o público as últimas novidades no movemento Maker.

A Maker Faire disporá ademais dun Espazo Gamer no que os visitantes poderáncrear os seus propios xogos no Game Maker Jam e gozar das incribles creacións dos alumnos do Máster en Deseño, desenvolvemento e comercialización de videoxogos.

O evento é gratuíto tanto no seu formato en liña como nas conferencias industriais e educativas. As entradas para as xornadas de portas abertas da fin de semana terán un prezo de 6€ para os dous días, con todas as actividades incluídas. (Maiores de 65 e menores de 6 anos gratis)

Unhas pinceladas sobre a Maker 2023

Este ano Lindeiros é un media partner da Maker Faire e quixemos achegar a travñes do noso medio a visión de algúns dos participantes nas charlas. Catro protagonistas que daranvos unha pista sobre todo o que te perderás se non pasas pola Maker

ARM2U é un proxecto nado na Escuela Técnica Superior de Ingeniería Industrial de Barcelona, dependente da  Universidad Politécnica de Cataluña. Traballan na procura de próteses electrónicas a un prezo o máis axustado posible e que sexa doado de montar con técnicas como a impresión en 3d.

A proxecto está desenvolvido por estudantes, Álvaro García é un deles

Estas próteses supoñen un cambio fundamental na calidade de vida dos usuarios

As próteses dispoñibles no mercado poden ter un custo de ata 60.000 dólares. García e os seus compañeiros buscan rebaixar eses custos pero ademais que os planos e a montaxe da electrónica poida ser enviada a calquera lugar do mundo para a súa montaxe

Talentos inclusivos é outro proxecto, xa realidade, que busca a integración de persoas con discapacidades. Está desenvolvido polo CITIC (Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións) da UDC (Universidade dá Coruña) e ASPACE, e está promovido pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía).

Nos últimos anos traballan en dúas liñas. Por unha banda a promoción de talentos científicos e por outra a visibilidade da parálise cerebral. Iria Robles é unha das responsables

é un traballo na que as dúas partes gañan. Os usuarios de ASPACE aprenden dos rapaces pero os mozos tamén toman conciencia e implícase na mellora da vida das persoas con parálise cerebral.

Eva Cabanelas é un caso curioso. Doutora en veterinaria, e Premio Extraordinario de Doutoramento no 2019, atopou na divulgación científica unha paixón que ademais dáselle moi ben.

En 2017, Cabanelas foi semifinalista do concurso de monólogos científicos Famelab España, e en 2020 gañou o concurso de nanocharlas BCNspiracy. Ademais, é unha das impulsoras do Certame de Monólogos Científicos en galego Ciencia Calidade. Cabanelas explica que o monólogo é un bo xeito de ensinar ciencia

Co monólogo Eva atopou ademais outro xeito de ensinar e sempre que pode o leva ás aulas nas que traballa como docente

Sempre foi necesario divulgar o que fan os investigadores e que é e para que serve a ciencia. Nos últimos anos, especialmente desde a pandemia, esta divulgación fíxose máis necesaria que nunca

O interese pola Intelixencia Artificial, e polos dilema ético que supón, cobrou un absoluto protagonismo nos últimos tempos. A futura instalación da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial na Coruña multiplicou na nosa contorna ese interese.

Amparo Leal é Catedrática na área de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial na UDC. Ademais, é licenciada en Química e doutora en Física pola USC, foi Posdoctoral Fellow no Medical College de Xeorxia (EEUU), onde traballou en temas relacionados co desenvolvemento de Sistemas expertos para aplicacións médicas.

Preguntámoslle por si chegamos tarde a regular unha tecnoloxía que está cada vez máis implantada. O certo é que en certa forma imos mesmo por diante de outras potencias

Nun tema tan complexo e con tantas frontes a regulación non é doada pero hai unhas bases que parecen estar claras e a Unión Europea xa as está colocando.

A elección da Coruña para a instalación da AESIA pode converter, non só á cidade se non a toda Galicia, nun referente europeo en Intelixencia Artificial

Éxito de participación

Durante as últimas semanas, a organización revelou na súa plataforma en liña todo o contido que dará forma ao evento. En total, máis de 70 proxectos e 300 makers, máis de 40 obradoiros e máis de 20 charlas, tanto en liña como presenciais, proporcionarán experiencias inesquecibles para toda a comunidade Maker.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies