Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Un futuro industrial sostible na Maker Faire Galicia

maker faire xornada 29 outubro 2025 (1)

O vindeiro venres a Maker Faire Galicia organiza este debate sobre un futuro máis sostible para a industria.


A Maker Faire Galicia celebrará o vindeiro 31 de outubro unha nova edición da súa Xornada de Industria na Casa das Máquinas de Galeras (Santiago de Compostela). A cita está organizada en colaboración co Concello de Santiago e a Xunta de Galicia, a través do IGAPE, conta co apoio de Servicio Móvil e do Clúster TIC Galicia.

Unha cita que reunirá empresas, startups, investigadores e profesionais que están a transformar o tecido produtivo galego a través da innovación, a ciencia e a sustentabilidade.

O encontro Maker Faire, que se desenvolverá entre as 10:00 e as 16:00 horas, busca consolidarse como un espazo de referencia para compartir experiencias e conectar sectores que, desde Galicia, están a definir o futuro da industria.

Ao longo da xornada sucederanse relatorios, presentacións de proxectos, espazos de networking e unha sesión dedicada ao talento galego, que poñerá en valor a capacidade innovadora do ecosistema local.

A sesión inaugural contará coa participación de María Rozas, do Concello de Santiago, e Covadonga Toca, en representación do IGAPE, xunto co equipo da Maker Faire Galicia.

A mañá centrada na sustentabilidade, a innovación enerxética e os avances científicos.

Cristina Vázquez, CEO de Teimas, abrirá o bloque de intervencións compartindo a súa experiencia como muller no ámbito tecnolóxico, para despois afondar na historia de Teimas: desde a detección dunha necesidade na xestión dixital dos residuos ata converterse nunha empresa referente no sector.

A súa charla amosará como a innovación e o emprendemento con propósito poden xerar un impacto real na transición cara a unha economía máis sostible. Mario Iglesias Casal, COO de Magallanes Renovables, presentará o ATIR 2.0, un innovador muíño de correntes de mareas que converte o movemento do océano en enerxía limpa e eficiente, posicionando a Galicia como referente no desenvolvemento de tecnoloxías mareomotrices.

Tamén intervirá Carmen García Mateo, catedrática de Teoría da Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo e directora do Grupo de Tecnoloxías Multimedia (GTM) no centro de investigación AtlantTIC.

Pioneira no ámbito da enxeñaría de telecomunicación en España e recoñecida coa Medalla María Wonenburger pola súa traxectoria científica, é unha das voces máis destacadas na investigación sobre intelixencia artificial aplicada á detección por voz de enfermidades neurodexenerativas. Na súa intervención, presentará os avances máis recentes neste campo, que combinan tecnoloxías da fala, procesado de sinal e IA para mellorar o diagnóstico temperán e o tratamento destas doenzas.

A Maker Faire continuará con Julio Ruiz Cagigal, técnico de proxectos da Asociación Forestal de Galicia, presentará ForestED, unha iniciativa de innovación forestal, desenvolvida por catro socios: o Instituto de Arquitectura Avanzada de Cataluña (IAAC), o Centro de Ciencia e Tecnoloxía Forestal de Cataluña (CTFC), a Asociación Forestal de Galicia (AFG) e o Consorci Forestal de Catalunya (CFC), centrada na transformación de madeiras autóctonas de Galicia e Cataluña en compoñentes estruturais para a construción.

A súa intervención amosará como a xestión forestal responsable e a innovación tecnolóxica poden converxer para revalorizar os montes galegos, reducir a pegada de carbono e fortalecer a economía rural.

Tamén participará o mozo investigador Manuel Rico Fernández, estudante de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, bolseiro en Luisiana e Harvard nos últimos anos e futuro investigador na Universidade de Oxford, que abordará os últimos avances en estimulación cerebral profunda e neuromodulación, explicando como a tecnoloxía está a transformar a maneira en que comprendemos e tratamos as enfermidades neurolóxicas.

A xornada incluirá ademais un pitch de proxectos industriais e tecnolóxicos que permitirá coñecer iniciativas emerxentes impulsadas desde Galicia, e completarase cun xantar de networking que servirá como punto de encontro entre os distintos axentes do ecosistema innovador.

Tarde de Talento

A tarde na Maker Faire traerá co bloque Talento Galego a cinco perfís galegos que están a marcar tendencia desde a biotecnoloxía, a intelixencia artificial, a enxeñaría e a sustentabilidade.

Lucía Gómez Teijeiro, investigadora nas universidades de Berna e Xenebra, amosará como a intelixencia artificial pode actuar como unha linguaxe común entre disciplinas científicas.

David Blanco Fraga, fundador de BENIU Solucións, explicará o papel dos drons na xestión agrícola e forestal. David Camba García, creador de BIRDMIND, presentará o seu material ecolóxico RiceTab, elaborado con cascarilla de arroz e pensado para impulsar a economía circular na arquitectura e o deseño.

Antón Román Portabales, Chief Architect en Nokia e investigador en AtlantTIC (Universidade de Vigo), compartirá a súa visión sobre o futuro das redes intelixentes e distribuídas.

Finalmente, Laura Rodríguez Álvarez, cofundadora e CEO de Humara, mostrará como a dixitalización e o software avanzado permiten optimizar plantas de tratamento industrial, aforrar recursos e reducir emisións.

A Xornada de Innovación na Industria da Maker Faire Galicia consolídase así como un punto de encontro para empresas, centros de investigación e emprendedores que apostan por un modelo industrial máis innovador, sostible e conectado cos grandes retos do presente.

A través da tecnoloxía, a ciencia e a creatividade, Galicia reafirma a súa posición como un territorio capaz de xerar coñecemento e solucións con impacto global.

A asistencia ao evento é aberta e de balde, mais require inscrición previa en www.makerfairegalicia.es .A Maker Faire Galicia organízase e opera de forma independente baixo a licenza de Make Community LLC.

Post navigation

Previous: Música, cine e teatro no Outono Cultural de Padrón
Next: Recuperan virtualmente o  Edificio Castromil  

Máis novas

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

KD&L
3 minutes read
  • Axenda

Kitty, Daisy e Lewis abren o Outono Códax Festival

Sesión constitutiva IX Lexislatura
3 minutes read
  • Xeral

Os colexios seguen pedindo reformas

Teo: Mara Cajaraville foi afeccionada aos cabalos dende que era moi pequena. Fotos familiares
5 minutes read
  • Xeral

San Martiño 2026

noia vai de tapas 5 novembro 2026 (2)
4 minutes read
  • Xeral

Noia vai de tapas

ames aproba novo credito para gastos ordinarios 2 novemro 2026
10 minutes read
  • Ames

Ames aproba un novo crédito extraordinario de 1,4 millóns de euros

cineurop a40 aniversario 2 novembro 206
8 minutes read
  • Axenda

Cineuropa celebra 40 anos

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2830) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (832) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (738) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.