Compostela, 3 de xuño do 2022 – A VIII Maker Faire Galicia celébrase ata o domingo na Cidade da Cultura ofrecendo as últimas creacións e proxectos a nivel mundial de este movemento.
A Maker Faire conta co apoio da Xunta de Galicia, o Concello de Santiago, a Fundación Cidade da Cultura e a Asociación para o Progreso da Dirección ( APD), ademais de contar coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnología (FECYT) do Ministerio de Ciencia e Innovación.
Que andades argallando?

Argallar ten dúas acepcións en galego que parecen feitas para definir a un maker. A primeira o describe como “Planear algo con obxectivos prácticos e efectivos” e a segunda como ”Preparar algo no momento, cos medios cos que se conta”. Falamos con Marcos Saavedra, un dos organizadores, para saber un pouco máis do evento e de este movemento.

A oitava edición da Maker Faire Galicia a consolida como unha das máis importantes do mundo. Un nivel que non estaba na cabeza dos impulsores na primeira edición que foi, en realidade, unha mini maker faire
O feito de colaborar e saír adiante coas ferramentas coas que se conta no momento é algo moi noso. Como explica Marcos é algo que sempre estivo presente no rural galego pero que coa migración ás cidades foise perdendo. Un xeito de comportarse e traballar que segue estando na forma de ser do galego e iso nótase no crecemento da feira.

O concepto maker ten un futuro, en algúns casos un presente, na educación. En Galicia estamos por diante en implantación de procesos vinculados a este movemento. A academia VermisLab, dirixida polos impulsores da feira, imparte cada certo tempo cursos para docentes que teñen cada vez máis participantes.
Con ese mesmo espírito naceu o roteiro maker. Unha furgoneta que ten a capacidade de levar ao rural os mellores proxectos dos feiras e do mundo maker, tal como nos explica Marcos Saavedra
A Maker Faire 2022 fala do ser humán e de sustentabilidade. Da necesidade de poñer ás persoas e ao planeta no centro da creatividade, conseguir que as ideas melloren o entorno polo ven do mundo pero tamén polo ben dos que vivimos en el.

Ao longo da fin de semana falarán referentes a nivel mundial que traballan en proxectos que impactan de xeito directo sobre a poboación. O mexicano Paco Ayala e o seu Huerto Romaverde ou o gaditano Juan Antonio Sánchez creador dun bastón mellorado para invidentes sson algúns deles
No conto do zapateiro e os trasgos o protagonista deixa coiro preparado para coser ao día seguinte e cando se levanta atopa uns zapatos rematados que vende por máis valor. O movemento maker é un pouco iso. Observa o mundo e detecta xeitos de melloralo. As veces as costumes adquiridas, ou o traballo diario, impide ver como avanzar máis rápido ata que chega alguén que, desde fora, atopa o que se necesita.

A Maker Faire é un evento para todo o mundo. Un pode atoparse con ideas e proxectos que dentro de pouco tempo estarán integrados na sociedade. Hai 8 anos as impresoras 3D eran case ciencia ficción e hoxe traballan con elas ata os cociñeiros. En ese sentido ir á Maker Faire é votar unha ollada ao futuro.
Por outra banda a Maker Faire é volver a ser neno, ver o mundo cos ollos curiosos que as veces perdemos coa idade. Non deixedes de acudir e de colaborar porque nunca se sabe cando precisaremos un maker argallando algo ao noso carón.