Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

V Concurso de Canto Compostela Lírica

Os Amigos da Ópera de Santiago, coa colaboración de concello Xunta e Deputación, organizan o V Concurso de Canto Compostela Lírica.
compostela-gala-lirica-slide-30-novembro-2022_r

Compostela, 30 de novembro do 2022 – Os Amigos da Ópera de Santiago, coa colaboración de concello Xunta e Deputación, organizan o V Concurso de Canto Compostela Lírica.

Vinte participantes competirán esta fin de semana no Auditorio de Galicia. O farán en dúas sesións abertas ao público. En Compostela Lírica participarán interpretes de Corea do Sur, Colombia, Israel, Serbia, Mongolia, Portugal, Estados Unidos ou Francia.

Na rolda de prensa de presentación, a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, referiuse a esta cita como “unha sorte de tradición cultural que anuncia a proximidade do Nadal… un evento ben sinalado na ampla programación cultural do outono na nosa cidade”.

Rosón tamén salientou a importancia deste certame para “crear canteira e axudar a impulsar novas carreiras de cantantes novos e novas, menores de 35 anos, así como de poñer a Santiago no mapa dun circuíto moi concreto pero fundamental na estruturación da música clásica: os concursos de solistas”.

Tres premios

O V Concurso de Canto Compostela Lírica aumentou este ano tanto o número de premios que entrega como a súa dotación económica. Así, nesta quinta edición pasarase de entregar dous premios a tres. O primeiro deles está dotado con 4.000 euros e contará con tres recitais remunerados (un coa Real Filharmonía, outro no marco do Festival Les Musicales du Luberon e un rol na temporada da Ópera de Oviedo).

O segundo premio consistirá en 2.000 euros e nunha actuación remunerada en Santiago de Compostela. O novo terceiro premio estará dotado con 1.000 euros e un diploma acreditativo. Ademais, as voces de orixe galega competirán a maiores nunha categoría propia, o Premio Andrés Gaos, consistente nunha actuación remunerada patrocinada polo Consello da Cultura Galega. A dotación dos tres galardóns principais está financiada pola Fundación José Otero-Carmela Martínez.

Sesións abertas ao público

O Auditorio de Galicia acollerá o venres 2 de decembro a partir das 17.00 horas a primeira fase eliminatoria, na que cada participante interpretará un aria fronte ao público e ao xurado, conformado con nomes de recoñecido prestixio no mundo da ópera, que se encargará de escoller os finalistas que pasarán á segunda e definitiva fase do concurso. Esta fase final celebrarase no Auditorio de Galicia o sábado 3 de decembro a partir das 19.00 h, tamén será aberta ao público xeral e determinará os catro galardóns polos que se compite. A entrada será libre e de balde en ambos os dous días.

O xurado estará formado por Partrick Canac, fundador de Les Musicales du Luberon; Joan Company, director do Coro da Universidade das Illas Baleares; Aquiles Machado, director artístico de la programación Lírica da Coruña; Maciej Pikulski, pianista; Victoria Stapells, crítica musical; Graziela Valceva Fierro, mezzosoprano e profesora de canto; Celestino Varela, director artístico da Ópera de Oviedo, e Arturo Reverter, crítico musical. Este último exercerá de presidente, mentres que José María Miranda Boto, membro da Xunta Directiva de Amigos da Ópera de Santiago, actuará de secretario sen voz nin vota.

Post navigation

Previous: Teo pídelle máis informes a Toysal para poder pechar a pista da canteira
Next: Homenaxe en Vedra a Aturo Cajaraville

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.