Compostela, 26 de setembro do 2024 – O concello de Santiago de Compostela fará limpezas nocturnas en redes de saneamento de preto de 20 puntos do Ensanche, Cidade Histórica e túneles.
Os traballos comezarán a partir do vindeiro dçia 30 de setembro e desenvolveranse entre as 23.00 e as 7.00 do día seguinte. En moitos casos estas limpezas obrigarán a realizar cortes de tráfico.
Os primeiros serán na rúa Doutor Teixeiro e seguirán de luns a xoves ata o 28 de outubro, cando rematarán no túnel de Romero Donallo. Trátase de actuacións que promove a Concellaría de Servizos Básicos, que dirixe Xesús Domínguez, e que forman parte do labor coordinado entre todos os servizos que prestan Viaqua, Urbaser e Prezero.
A planificación de limpezas nocturnas atinxe as seguintes rúas: Doutor Teixeiro, Xeneral Pardiñas, Alfredo Brañas, San Pedro de Mezonzo, Rúa da Rosa, República de El Salvador, Montero Ríos, Frei Rosendo Salvado, Santiago de Chile, Rúa Nova de Abaixo, Santiago del Estero, Rúa do Hórreo, República de Arxentina, Ramón Cabanillas/Cruce da Choupana, Rodrigo de Padrón/Fonseca/Franco/Raíña, túnel Cancelas e túnel Romero Donallo.
Protocolo de prevención
No marco das accións de prevención, o concelleiro Xesús Domínguez presidiu unha reunión na que participaron Viaqua, Urbaser e Prezero para coordinar os labores e seguir de forma sistematizada as actuacións de mantemento.
Neste encontro, deuse conta de actuacións de mellora de drenaxe e execución de acometidas, actuacións que consisten en melloras de captación de pluviais, con ampliación de imbornais e substitucións de reixas de alcantarillado. As actuacións executadas e as previstas que superan os 130.000 euros.