Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Compostela licita o contrato dos Centros Socioculturais

CC. Sta. Marta

CC. Sta. Marta

Os lotes pasan de cinco a tres e o orzamento crece un 24% priorizando nas cláusulas a ampliación de contratos para os traballadores ata conseguir xornadas completas.

CC. Sta. Marta

A Xunta de Goberno de Santiago de Compostela aprobou o inicio da licitación do servizo de xestión da rede de Centros Socioculturais, dividido en tres lotes: atención e información ao público, biblioteca pública José Saramago, e dinamización e mediación sociocultural.

O concelleiro de Convivencia, Mobilidade e Centros Socioculturais, Xan Duro, explicou que o orzamento do servizo medra un 24% con respecto aos contratos en vigor, o que supón un incremento anual de preto de 400.000 euros.

O servizo de xestión da rede de Centros Socioculturais sae a licitación por dous anos, prorrogables por outros dous, e cun importe total de 3.398.323,72 euros, un 24% máis que en 2021 (2.575.513 euros). Así, o orzamento anual do servizo queda en 1.669.161,86 euros, 381.000 euros máis que na actualidade.

O concelleiro de Centros Socioculturais explicou que o obxectivo “é ofertar un mellor servizo para as persoas usuarias da rede, atendendo tamén ás necesidades dos traballadores e traballadoras”.

Xan Duro apuntou que cos novos pregos “poderanse resolver algúns déficits que viña presentando a rede, ofrecer máis horas de servizo, ampliar os horarios dalgúns centros, e introducir outras melloras como a creación dunha nova páxina web para a biblioteca Jose Saramago”.

Menos lotes que na anterior licitación

Na licitación aprobada hoxe establécense tres lotes, fronte aos catro do anterior procedemento: atención ao público, biblioteca, e dinamización e animación sociocultural. Neste último intégranse os anteriores lotes de animación e informática, ao entender que ambas son propostas de dinamización sociocultural.

Xan Duro lembrou que na anterior licitación o lote de informática quedara deserto no procedemento ordinario, e finalmente fora adxudicado á mesma empresa que se fixera co contrato do lote de animación.

Por lotes, o Lote I de atención ao público ten un orzamento total na licitación de 785.344,45 euros, un 46% máis que no contrato en vigor (424.087,07 euros); e o presuposto total do Lote II de Bibliotecas é de 629.813,47 euros, un 30% máis que na actualidade (438.336,35 euros).

Por último, o orzamento do Lote III de Animación e Dinamización sociocultural ascende a 1.983.165,80 euros, un 13,6% máis que no contrato en vigor (1.713.089,58 euros).

Máis horas de servizo

O concelleiro de Centros Socioculturais explicou que “o incremento do orzamento anual do servizo en case 400.000 euros anuais permitiranos solventar algúns dos déficits actuais, introducir melloras no funcionamento da rede, e que se poidan prestar máis horas de servizo, fundamentalmente no contrato de atención á cidadanía”.

No Lote I de Atención ao Público contémplanse máis de 19.000 horas de servizo anuais, cun aumento de 4.000 horas con respecto ao contrato en vigor. Este incremento procura homoxeneizar horarios dos centros, dentro das súas características particulares.

Os centros Maruxa e Coralia da cidade histórica, Aurelio Aguirre de Conxo, Santa Marta, José Saramago de Vite, Ensanche, o Romaño, Fontiñas, Castiñeiriño e a Casa das Asociacións de Cornes terán un horario unificado de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 21:30 horas; e os sábados pola mañá de 10:00 a 14:00.

A maiores, o Ensanche, Santa Marta e o CSC Maruxa e Coralia abrirán tamén os sábados de 17:00 a 21:00. Xan Duro destacou que desta maneira escóitase “unha vella demanda da veciñanza, que nos viña reclamando a apertura de centros como o de Romaño e o de Vite en horario de mañá, algo que entendemos que é fundamental para atender a un perfil de persoas usuarias que é moi importante na rede de centros, que é o das persoas máis maiores”.

No Lote II de Bibliotecas, prevense 10.600 horas de servizo ao ano, “co obxectivo de seguir fortalecendo un servizo que leva máis de 25 anos axudando a construír a Compostela de lectores e lectoras que temos”.

Ademais da xestión ordinaria, a empresa adxudicataria ocuparase do programa de animación á lectura e dos clubs de lectura e escritura, e tamén deberá crear unha nova web específica para a Biblioteca José Saramago, para avanzar na dixitalización do servizo.

Por último, no Lote III de Dinamización e Mediación Sociocultural prestaranse 39.000 horas de servizo ao ano. A empresa adxudicataria deste lote deberá ofertar, como mínimo, programas e actividades relacionados coas temáticas de xogo e ocio (6.000 horas/ano para as aulas de xogo e 13.000 horas/ano para os programas de ocio), clubs de tempo libre  (4.000 horas/ano), actividades ordinarias vinculadas á cultura e arte, memoria e patrimonio, natureza e sustentabilidade, e benestar e saúde (2.500 horas/ano); dinamización dixital e novas tecnoloxías (8.000 horas/ano), e actividades estacionais vinculadas a datas como o verán, o Nadal ou o Antroido (2.000 horas/ano). Ademais, haberá unha bolsa de 3.500 horas anuais para actividades non regulares, que serán de obrigado cumprimento.

O concelleiro de Centros Socioculturais mostrouse convencido de que “esta licitación, xunto coa reorganización do departamento municipal de Centros Socioculturais, permitiranos mellorar a xestión e o funcionamento da rede”. Xan Duro explicou que as empresas interesadas en optar á adxudicación terán un prazo de 35 días naturais para presentar as súas ofertas, unha vez publicado o anuncio da licitación.

Post navigation

Previous: Moito ruído e poucas noces no pleno da Baña
Next: O IES Terra de Xallas de Santa Comba demanda solucións para o transporte escolar

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.