Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Inventio chega este venres a Compostela

Ferrol acolleu a pasada semana a estrea de Inventio, un espectáculo do que che falabamos en marzo e que reúne circo, danza, música e maxia dun xeito único.
INVENTIO-slide-27-SETEMBRO-2022-(3)_r

Invitámoste a un mundo de ilusión con Inventio

Consigue con Lindeiros dúas entradas para a estrea en Santiago visitando o noso perfil de Instagram premendo aquí

Compostela, 3 de outubro do 2022 – Ferrol acolleu a pasada semana a estrea de Inventio, un espectáculo do que che falabamos en marzo e que reúne circo, danza, música e maxia dun xeito único.

Inventio é un espectáculo para público familiar cheo de comedia, concibido para divulgar o Camiño de Santiago e a cultura galega. Arredor de esas artes poderemos ver , levitacións, equilibrios, malabares, números aéreos, animación audiovisual, composicións de música tradicional galega fundidas con sons electrónicos… unha proposta que no deixa indiferente, feita aquí con xente de aquí.

O seu impulsor e o mago Martín Varela co que falabamos hai uns días, antes da estrea en Ferrol. O artistas contábanos o duro traballo realizado desde o mes de marzo ata chegar a esta estrea

Compostela sabe ben o que é a maxia, moitos lembramos o mítico Dado Dadá e a Carlos e Carmen. Pero toda Galicia é terra de magos aínda que moitas veces non se valore adecuadamente. Martín lembra que Ferrol, de onde é,  tamén tivo aos seus ilusionistas de renome

A idea parte mesmo da nenez de Martín Varela, unha época na que os circos chegaban as vilas de Galicia e a instalación da carpa xa supoñía un acontecemento. Nas visitas ao exterior do circo, e das veladas no interior xurdiu esa paixón polo espectáculo

Inventio é un proxecto complexo que sorprenderá ao espectador desde o minuto 1. O coordinador explica que foi moi complexo axustar todas as artes para que encaixaran e non supuxera un simple corta e pega

Para materializar esta ambiciosa proposta escénica, Inventio conta cun numeroso equipo creativo e artístico formado por máis de 40 persoas, entre elas seis bailaríns e sete artistas circenses. Ademais da dirección do mago Martín Varela, que tamén exerce de guía do espectáculo, están como responsable da dramaturxia José l. Prieto e na dirección artística está Suso Montero.

A dirección de maxia recae sobre os ilusionistas Fani Triana e Martín Camiña e a de circo en Jorge Miquel. A dirección musical leva o selo de José Trincado ‘Triki’ e o ballet e as coreografías son unha creación de Mercedes Suárez. Completan o equipo Alberto Casas no deseño de iluminación e Conchi Silvent na dirección de vestiario.

Toda a información actualizada sobre a xira está dispoñible no espazo web www.inventio.gal. Inventio é unha iniciativa da promotora galega Thinking Up Events, da Xunta de Galicia a través do programa Xacobeo 21-22 e mais da Fundación “la Caixa”, e conta tamén co apoio de Sargadelos.

Consigue con Lindeiros unha dúas entradas para a estrea en Santiago visitando o noso perfil en instagram

Post navigation

Previous: Nada cambia na contorna da canteira da Casalonga
Next: II Andaina dos Montes do Bocelo en Melide

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.