Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Siad 24 sen argumentos para non pagar as nóminas do SAF

O concello está ao día no pago das facturas e a última a presentaron fora de prazo

silleda-subrogacion-saf-slide-24-xaneiro-2022_r

Compostela, 01/10/2026 – Mentres algúns miran cara ao concello e esixen o pago das nóminas do SAF, servizo de Axuda no Fogar, en Raxoi, a empresa quédase sen argumentos.

Esther Gorís, presidenta do comité de empresa do SAF en Santiago, denunciaba ante os medios que seguen sen cobrar a extra de xuño e ue o xerente asegurou que “non pagarán a nómina de setembro por non ter cartos”.

Como en outras ocasións os traballadores xiraron a vista cara ao concello pero María Rozas, concelleira de Asuntos Sociais, era rotunda nas súas declaracións. O concello está ao día no pago a SIAD 24, só hai unha factura sen abonar e foi presentada o 17 de setembro, está en tramitación

Rozas engade que non  se entende as declaracións do xerente cando é unha empresa que factura millóns (En este enlace fálase de máis de seis millóns ano) e que ven de acadar novos contratos en Galicia. Tamén di que o concello leva meses tramitando requerimentos e propostas de sancións ás que a empresa non presentou alegacións

Finalmente a concelleira lembra que o contrato con SIAD24 era de dous anos e unha prórroga dun ano. Na actualidade esta no período de prórroga e o novo contrato está xa licitándose.

Externalizar, municipalizar, nin pa ti nin pa min

O eterno debate sobre os servizos municipais ábrese aquí de novo. O principal problema da externalización é que os concellos non teñen un control directo sobre o trato ou o pago aos traballadores.

Unha municipalización supón un labirinto legal pola lei Montoro e valorar se un concello pode asumir un servizo, o do SAF, que non é propio xa que só o prestan xa que a competencia é cedida pola Xunta de Galicia.

Unha empresa mixta na que o concello teña o control da maior parte é tamén unha solución que, en Compostela no caso da auga, parece non gustar á oposición. As opcións acábanse pero mentres segue o debate e as eleccións ás portas.

O do SAF vai ser, case con total seguridade, un dos argumentos contra o goberno municipal e de feito antes que á empresa algúns xa falaron do concello. Estará ben saber cales son as propostas nun caso así se gobernaran.

Post navigation

Previous: Daniel Cros trae Las Almas Sedientas a Santiago
Next: A USC impulsa o Foro “Territorios que lideran”

Máis novas

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

KD&L
3 minutes read
  • Axenda

Kitty, Daisy e Lewis abren o Outono Códax Festival

Sesión constitutiva IX Lexislatura
3 minutes read
  • Xeral

Os colexios seguen pedindo reformas

Teo: Mara Cajaraville foi afeccionada aos cabalos dende que era moi pequena. Fotos familiares
5 minutes read
  • Xeral

San Martiño 2026

noia vai de tapas 5 novembro 2026 (2)
4 minutes read
  • Xeral

Noia vai de tapas

ames aproba novo credito para gastos ordinarios 2 novemro 2026
10 minutes read
  • Ames

Ames aproba un novo crédito extraordinario de 1,4 millóns de euros

cineurop a40 aniversario 2 novembro 206
8 minutes read
  • Axenda

Cineuropa celebra 40 anos

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2830) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (832) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (738) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.